30.11.11

Ribeira: escolares de Aguiño interesáronse pola obra e a persoa do escultor Jontxu Argibay

  • O artista expón en Manhattan dende o 12 de decembro, na Casa de España en New York

Ribeira, 30 de novembro de 2011. Onte pola mañá, no Ceip de Aguiño os alumnos voltáronse xornalistas por uns intres, aproveitando a visita do escultor Jontxu Argibay os alumnos ademais de facer unha versión dunha das pezas máis coñecidas do escultor barbanzán, exerceron durante unha hora de periodistas de alto nivel facendo todo tipo de preguntas sobre o oficio de escultor.

Entre as preguntas máis variadas xurdiron cuestións moi traballadas coma cal fora a primeira escultura ou como o escultor tomara contacto ou se dera conta de que quería ser artista, dos seus primeiros traballos, dos estudos que tivo que realizar ou o tempo de realización dunha escultura pública, así como cal era a técnica para levar a cabo este oficio.

Jontxu Argibay en New York


Noutro orde de cousas, o vindeiro luns día 12 de decembro o escultor barbanzán visitará a Gran mazá counha exposición colectiva no centro de Manhattan. Argibay  visitará persoalmente o outro lado do charco para promocionar a súa obra e tamén poñer en coñecemento dos habitantes de New York os encantos turísticos de Barbanza e Galicia.

A exposición "Encontros" terá lugar na "Casa de España", coñecida como "La nacional". Argibay estará acompañado por outros 12 artesáns e escultores galegos que amosarán o bo facer dos nosos artistas e profesionais.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical