Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o mantemento e conservación das pistas de deportivas en todo o municipio.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O deporte está presente nas máis diversas facetas da vida cotián. Asegurar o desenrolo deportivo dos cidadáns implica necesariamente fomentar a práctica deportiva a través dunha maior oferta e de novos equipamentos deportivos.
O Concello, como entidade sobre a que descansa gran parte de todo o deporte que se realiza na localidade, e que é da súa competencia, ten a obriga e a necesidade de que unha vez construídas as instalacións deportivas encargarse do seu mantemento e conservación. Resaltar a importancia de manter en perfectas condicións todo o patrimonio deportivo para, de esta forma, protexer a inversión pública realizada e prolongar a vida útil de estas o longo dos anos, garantindo unha utilización segura e confortable. O seu alto grado de utilización, estar permanentemente sometidas as inclemencias do tempo, e tamén, aínda que lamentable, o mal uso que con frecuencia se ven sometidas, non exento de vandalismo, fan que requiran un tratamento e unha dedicación constantes, preferentemente preventiva, pero tamén correctivo de reparación e reposición.
É unha constante o abandono que sofren tódalas pistas deportivas do municipio, consecuencia de iso é que moitos mozos deste concello van a practicar deporte ó veciño concello de Boiro.
-As pistas do Castelo teñen dúas canastras cos aros soltos, oxidados, a punto de caer, igual que o resto da estructura e apartadas nunha esquina. Dúas porterías de balonmán ou fútbol que carecen de redes e sen estar ancoradas o chan. A rede perimetral está esnaquizada por todos lados.
-A pista deportiva de Santa Cruz ten unha portería e canastra soldada, que pon en risco a integridade física dos xogadores de baloncesto. Non existe un peche que impida que os balóns vaian fora do recinto.
-A pista do Camiño Ancho ten unha canastra sen aro, dúas porterías sen redes e sen fixación e a rede perimetral dun lado a punto de caer.
-No polideportivo de Venecia, os pais dos deportistas, veñen reclamando desde fai anos fundas acolchadas para protexer a base das canastras, xa que se reduciría o número de lesións.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1º.- Que se acondicionen e facilite a practica deportiva nas pistas do Castelo, Santa Cruz, Camiño Ancho e polideportivo de Venecia con canastras regulamentarias e ancoradas ó chan e porterías cas debidas medidas de seguridade ademais de reparar ou repoñer as redes perimetrais das mesmas.
2º- Dotar de fundas acolchadas as bases das canastras no polideportivo de Venecia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario