- Transmitiulle as principais necesidades dos centros educativos do municipio
Ribeira, 22 de novembro de 2011.- O recentemente nomeado novo xefe territorial de Educación de A Coruña, Indalecio Cabana, acompañado do xefe do Servizo da Unidade Técnica da Consellería, Adolfo Villaverde, acudiu esta mañá a Ribeira para coñecer o estado e posibles carencias dos centros escolares do municipio. No transcurso da súa estancia no concello ambos tiveron ocasión de departir no Consistorio sobre este asunto co alcalde Manuel Ruiz e coa concelleira delegada de Educación, María del Carmen Vizcaya.
Unha limpadora máis no Número 1
Ruiz Rivas puxo en coñecemento dos representantes autonómicos algunhas das necesidades existentes nalgúns centros, como a conveniencia de contar cunha limpadora máis no IES Número 1, ante o incremento de alumnado rexistrado neste curso e tamén polas características das instalacións.
Elevador do colexio de Palmeira
Así mesmo, o rexedor riveirense referiulles a necesidade de que se mellore o ascensor do CEIP de Palmeira e solicitoulle unha maior dotación de medios para o novo Centro Integrado de Formación Profesional.
Os representantes da Consellería comprometéronse a estudar estas peticións.
Consello Escolar
Esta visita ten lugar no transcurso dunha semana na que o Goberno Municipal está dando os últimos trámites para someter ao próximo pleno que se celebrará o 28 de novembro a aprobación do Consello Escolar Municipal.
Antes, en Certo:
Consello escolar: así foi a reunión coas Anpas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario