Camións na planta de reciclaxe de Servia, en Lousame
Lousame, 16 de Nadal de 2011. O presidente de turno da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, Rafael Gacía Guerrero, manifestou onte a confianza no apoio da Xunta no conflicto con Ecoembes.
Rafael García Guerrero considera que, durante o problema polo incumprimento de Ecoembes do convenio asinado coa Xunta, a consellería de Medio Ambiente "apoiou sempre aos concellos, e estamos seguros que colaborará ata o final coa Mancomunidade Serra do Barbanza para impedir o incumprimento de Ecoembes. Desde logo e ata o momento só podemos ter palabras de agradecemento cara á Consellería, tanto polo apoio manifestado neste tema, como pola colaboración económica nesta anualidade que xa é de 200.000 euros".
"Ninguén nos pode penalizar por reciclar moito"Ademais, sinalou que desde a Mancomunidade "temos claro que o único responsable do problema xerado é Ecoembes, que só pretende reducir custes a conta da Mancomunidade. A sociedade Ecoembes ten demostrado un comportamento deplorable de cara á Mancomunidade, entrando nun regateo intolerable e que non será aceptado por este ente. Esiximos que paguen o que nos corresponde, xa que nós estamos a cumprir a nosa parte do convenio, e non imos consentir que ninguén nos penalice por reciclar moito".
Non aos despidos cando adebedan máis de medio millón de euros
Non aos despidos cando adebedan máis de medio millón de euros
O actual presidente de Serra do Barbanza agarda que a Xunta obrigue a Ecoembes a ir a unha arbitraxe "que deixara ás claras o incumprimento que está a facer Ecoembes.Desde logo non aceptaremos os consellos de Ecoembes de despedir xente e de reciclar menos, non estamos dispostos a aceptar tales recomendacións e menos que veñan daqueles que incumpren convenios asinados e que teñen unha débeda coa nosa concesión de máis de medio millón de euros", rematou García Guerrero.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario