Foto en flickr de joiseyshowaa
Noia, 16 de Nadal de 2011. A Xunta de Goberno do Concello de Noia otorgará, na reunión do martes día 20 do presente mes, licencia a EROSMER IBÉRICA (hoxe CECOSA HIPERMERCADOS S.L.) para a construción dunha estación de servizo.
A nova gasolineira estará situada na contorna do centro comercial que a firma EROSKI ten no lugar dos Carballiños-A Barquiña. O orzamento de execución material das obras en cuestión ascende a un total de 800.392,55 euros. A superficie en planta total ascende a 1.795 metros cadrados, e as edificacións ocuparán: o edificio de control 15 m2, o edificio auxiliar 29 m2 e a marquesiña, cunha altura máxima de 4 metros, 189 m2.
Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, o nacionalista Bieito González, "a tramitación do expediente administrativo foi longa, xa que a pretensión da firma comercial tivo que ser sometida á consideración das administracións sectoriais, con competencia sobre este tipo de actividade comercial. A saber: Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Ambiente e a maiores o pronunciamento do organismo Augas de Galicia por atoparse, a futura instalación, perto da zona de policía do Río do Porto".
Multa de máis de 3.000 euros por comezar antes de tempoParalelamente á tramitación do mentado expediente, a Concellería de Urbanismo vén de ditar resolución, mediante a cal se sanciona a dita firma comercial cunha cantidade de 3.172,00 euros (correspondente ao 2% das obras efectivamente executadas: movemento de terras, escavación a ceo aberto, facer lousa de formigón para anclaxe posterior de tres depósitos soterrados de 40.000 litros de capacidade, recheos de material tipo pedraplen e gravas, coas 5 bocas instaladas nos depósitos para acceso ao interior dos mesmos), como consecuencia do expediente de infracción urbanística aberto no seu día, por ter comezado a construción da estación de servizo sen a preceptiva licenza municipal.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario