Ribeira, 16 de decembro de 2011- Máis de 350 nenos e nenas de distintos centros educativos de Ribeira acudiron ao Complexo Polideportivo de A Fieiteira para dicirlle non á Droga nun evento –a Campaña Panos Brancos- que estivo coorganizada pola Asociación Renacer, o Concello de Ribeira e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. Tras a oportuna presentación por parte de Fernando Alonso, xerente da fundación citada, o acto comezou coa intervención de cadanseus autoridades en representación das das tres entidades: María González, presidenta de Renacer; José Manuel Siso, presidente da fundación, e a tenente de alcalde Dolores Elorduy (quen desculpou a ausencia de Ruiz Rivas por estar atendendo outras obrigas como deputado provincial). Acto seguido, unha vintena de rapaces e rapazas leron o manifesto que, baixo o título 1000 razóns para dicir si á saúde” pretende servir para que os máis novos tomen conciencia do problema da drogadicción e se desenvolvan na infancia como logo serán na idade adulta, vivindo no deporte e na aposta pola vida. Unha vez rematado o manifesto, as autoridades convidadas ao evento procederon á firma dunha bandeira branca que simboliza o espírito desta campaña para, a continuación, pasar de man en man este emblema a fin de que todos os asistentes deixaran estampada a súa sinatura. Logo tivo lugar unha pequena exhibición de taewondo, un partido de baloncesto mixto entre unha selección de alumnos e alumnas de 1º e 2 de ESO de Riveira e outra de Vilagarcía e un encontro Fútbol 7 entre alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO das dúas cidades: tres espectáculos deportivos que levantaron os aplausos dos participantes.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario