A obra terá lugar a partir das nove e media da noite no auditorio de Ribeira
Ribeira, 1 de decembro de 2011.- A Mostra de Teatro de Ribeira chega ao seu fin coa representación no día de mañá venres, a partir das 21.30 horas, da obra “Pelos na Lingua”, que correrá a cargo da compañía Talía Teatro.
Cun texto de varios autores, baixo a dirección de Avelino González, e coa participación actoral de María Ordóñez, Toño Casáis e Artur Trillo, a compañía Talía Teatro afronta esta nova montaxe chea de humor e ironía, cun ritmo áxil, dinámico e fresco.
Na mesma liña do seu anterior espectáculo “Bicos con lingua”, aseguran a continuidade da temática que tan bo resultado lles dou daquela, poñendo en valor a importancia da lingua galega.
O acceso é gratuíto. As entradas poderanse retirar media hora antes do inicio da función.
Máis info na web de Talía Teatro, en http://www.taliateatro.es
Pode que lle interese:
Bicos con Lingua, en Letra en Obras, por Carla Capeáns
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario