Destaca a intervención que se vai facer no Pazo do Forno do Rato, que é Ben de Interese Cultural
Noia, 20 de xaneiro de 2012. A concellería de Casco Histórico e Patrimonio de Noia vén de remitir á Xunta de Galicia os acordos adoptados pola Comisión de Valoración Municipal no relativo aos expedientes da 9º fase da “Área de Rehabilitación”.
Os acordos que se adoptaron en dúas sesións distintas da Comisión de Valoración celebradas durante o presente mes de xaneiro, abranguen un total de seis intervencións, e entre elas destaca a que se fará no Pazo do Forno do Rato, único inmoble civil que conta coa condición de BIC dentro do perímetro do casco vello de Noia.
Catro das intervencións que se propoñen son rehabilitacións integrais de inmobles que contan con algún grado de protección, e as dúas restantes trátase de actuacións menores, igualmente en edificacións protexidas.
A contía das intervencións que se remitiron para a consecución da cualificación provisional, ascende a un total de 69.599,51 euros, a repartir entre as mesmas en función dos parámetros establecidos pola ordenanza reguladora.
No que se refire á obra de urbanización no espazo público, vinculada á presente fase, serán obras de renovación de beirarrúas e soleiras interiores dos soportais da rúa do Curro.
SaúdosBieito González Domínguez
Concelleiro de Casco Histórico e Patrimonio
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e SoloAdxudicación para saneamento entre Boa e Taramancos
Taramancos é unha aldea noiesa que aínda conserva o encanto da arquitectura tradicional
Por outra banda, o Concello de Noia informou hoxe da adxudicación á empresa Proyecon Galicia S.A a obra denominada: "Conexión do saneamento de Boa e Taramancos á rede xeral de saneamento municipal (Noia)" na cantidade de 177.450,76 €.
O Concello descartou a seis empresas en baixa temeraria por documentación insuficiente ou por presentar salarios por debaixo de convenio laboral.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario