- Tamén informou de que abre xa a rúa Cristóbal Colón ao tráfico, logo de rematada a reforma
Ribeira, 27 de xaneiro de 2011.- O Concello informa de que vén de habilitar na páxina web municipal (www.riveira.com) un apartado específico destinado ás asociacións e clubs que queiran empregar este soporte para facer difusión das súas actividades.
Todas as entidades que queiran empregar este recurso tan só teñen que enviar a información pertinente ao enderezo electrónico soporte@riveira.com. Unha vez revisada, a información será colgada na web institucional.
Os internautas que queiran acceder a tal información teñen que pinchar nun recadro de cor vermello situado na parte lateral dereita da páxina principal.
Apertura de Cristóbal Colón
O Concello informa de que, unha vez rematados os traballos de renovación de servizos e pavimentación da rúa Cristóbal Colón e Praza de Otero Goyanes do centro de Riveira, quedará novamente aberta ao tráfico.
Os garaxes da zona da Amarella volverán, polo tanto, a ter o seu acceso natural desde a rúa Cristóbal Colón.
Con este labor ponse fin ás obras de renovación de servizos e pavimentación previstas para esta vía, sen prexuízo de que na vindeira semana se sigan levando a cabo certos labores de remate nas inmediacións da igrexa parroquial de Santa Uxía.
Ribeira: orde do día do pleno do luns 30 de xaneiro post.ly/507Jn
— Certo (@Certo) January 27, 2012
Ribeira: as andainas do ciclo "Ponte a andar" voltan este domingo 29 cun roteiro á Fervenza da Madanela en Porto do Son post.ly/4zbSi
— Certo (@Certo) January 26, 2012
Ribeira: ata o 1 de febreiro para anotarse nun curso de orientación deportiva post.ly/4zW51
— Certo (@Certo) January 26, 2012
Ribeira: adican a pista multideporte da Casa da Xuventude aos irmáns futbolistas Parada Alvite post.ly/4zX4A
— Certo (@Certo) January 26, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario