Dodro, 15 de febreiro de 2012. Segundo informa o grupo municipal socialista de Dodro, "o actual goberno local convoca pleno extraordinario para mañá xoves día 16, para aprobar unha praza de persoal de confianza. A persoa que ocupará esta praza vai cobrar 32.120,23 euros e xa anuncian que non haberá convocatoria pública, pois o alcalde especifica claramente que o nomeamento deste persoal corresponde exclusivamente a Alcaldía".
Os socialistas dodrenses aseguran que estes 32.120,23 euros "unidos aos 28.000 que cobra a teniente de alcalde, Marisol Boga, fan un total de 60.120,23 euros mentres que a inversión prevista en infraestruturas para todo o ano 2.012 é de 90.000. Destas cifras dedúcese que os gastos de persoal político e de confianza do PP é máis do 60% da inversión real no Concello".
Despedimentos de dúas traballadorasA esta circunstancia únese, rematan os socialistas, "o agravante do despedimento de dúas traballadoras encargadas de tarefas administrativas, dado que segundo o actual goberno municipal, o número de traballadores é tremendamente elevado". O Psoe de Dodro sinala que "é importante o dato de que entre as dúas traballadoras despedidas non cobraban o que teñen pensado pagarlle a esta persoa de confianza que se vai aprobar no pleno de mañá xoves".
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario