A Pobra do Caramiñal, 13 de febreiro de 2012. O frío poderá ser siberiano pero non arredra, neste mes de febreiro, ás primeiras visitas do ano que xa se deixan sentir nas instalacións do Museo Valle-Inclán. O pasado sábado 11 de febreiro, un grupo de 35 asturianos incluíron como parte do seu itinerario por terras galegas un percorrido polos dominios pobrenses e unha visita ao Museo Valle-Inclán, onde se deixaron guiar a través das súas salas pola técnica do centro, Begoña Olveira, coa fin de coñecer un pouco máis sobre o escritor.
A súa visita continuou logo polas rúas máis céntricas da Pobra para coñecer os lugares máis emblemáticos da vila, dende o seu patrimonio eclesiástico ata o civil.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario