- As clases serán impartidas por "Vella Escola", os especialistas de break de Noia
- Comeza en marzo a andaina desta nova actividade, pero só se hai un mínimo de 10 e un máximo de 16 inscritos
O obxectivo principal que se persegue coa presentación da actividade de breakdance é achegar esta disciplina ao colectivo xuvenil e promover os beneficios que conleva a súa práctica habitual. O breakdance entendido como deporte ou baile é unha actividade física recreativa moi interesante e conveniente para a poboación escolar e a mocidade en xeral, posto que a súa práctica habitual proporciona múltiples beneficios relacionados coa saúde e o desenvolvemento das capacidades físicas e psíquicas da persoa.
A acción está dirixida a rapazas e rapaces maiores de 12 anos e celebrarase durante os meses de marzo, abril e maio, todos os xoves de 19 a 20 horas. Para que se desenvolva a acción deberá haber un mínimo de 10 e un máximo de 16 inscritos. O prezo dependerá do número de inscritos, oscilando entre un máximo de 14 € ao mes e un mínimo de 8,75 €.
Imparte a iniciativa a Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, con sede en Noia.
Ábrese inicialmente un prazo de preinscrición. Os interesados deben dirixirse á Casa da Xuventude situada en Abesadas (teléfono 981 835 289 / e-mail: xuventude@riveira.com).
Pode que tamén lle interese:
- Ribeira: imaxes do Entroido 2012
- Ribeira: Ámbar celebrou o seu entroido
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario