- A entrada para este partido é gratuíta
- A. Lobelle Santiago e Azkar Lugo medirán as súas forzas na Fieiteira
Ribeira, 8 de febreiro de 2012.- O vindeiro venres, 10 de febreiro, vaise a disputar no polideportivo A Fieiteira un partido amigable entre os dous equipos galegos que militan na división de honra de fútbol sala: A. LOBELLE SANTIAGO – AZKAR LUGO F.S. O partido está previsto que comece ás 20.30 horas.
A liga de primeira división de fútbol sala, nestes intres, atópase parada por motivo da participación do combinado español no Europeo de Croacia. Este parón está previsto que se alongue ata o 18 de febreiro, por isto os equipos xogan este tipo de partidos amigables para non perder a forma.
O A. LOBELLE SANTIAGO ocupa nestes intres o 6º posto na clasificación (posto que permite participar na Copa do Rei), mentres que o AZKAR LUGO F.S. está en postos de descenso, xa que ocupa a 15ª praza da clasificación.
Antes do comezo do encontro, de 18 a 19 horas, haberá un pequeno Campus para rapaces/zas dos equipos base do concello, no que estarán presentes 2 xogadores do primeiro equipo do A. LOBELLE SANTIAGO repartirán posters e sortearán un balón firmado por todos os xogadores da plantilla entre os cativos participantes.
Viaxe á neve: do 24 ao 26 de febreiro. 135 euros. Anótate!
Entroido: bases do festival de murgas e comparsas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario