- A fundación está a asinar convenios por toda Galicia con concellos do PP para repartir axudas a pobres. Dos impostos dos ribeirenses sairán 5.000 euros
- Á fronte dela está Jesús Busto e o mediático Luís Rial, que tamén conceden o premio "Grelo de Ouro". O ano pasado foille concedido ao ribeirense Ramiro Carregal, que curiosamente tamén é presidente de honra desta Fundación
Ribeira, 23 de febreiro de 2012.- O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o presidente de honra da Fundación Amigos de Galicia, Ramiro Carregal Rey, procederon á sinatura esta mañá dun convenio de colaboración para a implantación no municipio do Plan da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. Polo visto é un acordo en virtude do cal 40 familias con dificultades económicas do municipio se verán beneficiadas coa recepción de alimentos e outros produtos de primeira necesidade subministrados pola fundación, en colaboración cos Servizos Sociais do Concello.
No acto celebrado no Salón de Plenos do Consistorio estiveron tamén o director xeral da devandita entidade, Jesús Busto Peteiro, e o concelleiro de Acción Social e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio.
A entidade recibirá unha aportación inicial do Concello de 5.000 euros para esta anualidade, se ben a intención do Executivo é aumentar no futuro esta contía segundo manifestou o rexedor, “aínda que o que realmente nos gustaría é que medrasen as posibilidades de atopar traballo”, matizou.
Ribeira, pequeno oasis no do emprego
Manuel Ruiz informou así mesmo que os propios Servizos Sociais do Concello están ofrecendo atención neste concepto a 80 persoas e recalcou que se ben Ribeira é un “pequeno oasis” en canto que os niveis de desemprego son similares aos de 2007, cada vez se poden advertir en maior medida as consecuencias da crise.
Por iso, agradeceu o labor que están a prestar entidades como a Fundación Amigos de Galicia, “que comezou a súa historia actuando na Galicia exterior pero desgraciadamente agora se ten que preocupar máis da Galicia interior”.
Pola súa parte, Jesús Busto subliñou que para o desenvolvemento dos labores da fundación reciben a axuda de distintas administracións (UE a través dos fondos europeos de loita contra a pobreza, Goberno Estatal, Xunta de Galicia, Deputacións e concellos) e sobre todo das empresas.
Amigos de Galicia en Dodro: convenio para axudar a pobres
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario