- A data de presentación de ofertas finaliza o 28 de marzo
Ribeira, 22 de febreiro de 2012.- O Concello está dando os pasos oportunos en orde a sacar a contratación o servizo de limpeza en edificios públicos, deportivos e centros escolares dependentes desta Administración Local.
Así, no BOE con data de 21 de febreiro (páxinas 7691 a 7692) anúnciase a contratación do servizo, que terá lugar por medio dun procedemento ordinario aberto con pluralidade de criterios de valoración.
O prazo de duración do contrato será de dous anos prorrogables e o importe do mesmo de 320.000 euros.
Para seguir coa tramitación da licitación, nos próximos días será colgado na páxina web do Concello (no apartado Perfil do Contratante) o prego coas condicións do contrato.
A data límite para a presentación de ofertas rematará o 28 de marzo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario