- O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage interpelou ao goberno galego, na sesión ordinaria da comisión 1ª do Parlamento, para reivindicar diante da Xunta de Galicia a execución dun edificio destinado a albergar as dependencias do xuzgado de primeira instancia do partido xudicial de Muros. Os socialistas recordan que na actualidade ocupa un espacio dentro da casa consistorial muradana
- Lage Tuñas recordou que “o goberno socialista de Pérez Touriño redactou o proxecto e adxudicouno. Cando chegou Feijóo á presidencia da Xunta, o seu goberno anulou a adxudicación e tivo que indemnizar á empresa afectada”
Muros, 23 de marzo de 2012. O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, advertiu que a Xunta de Galicia “non ten intención” de construír o novo edificio para o xulgado de Muros, que fora deseñado, orzamentado e adxudicado na pasada lexislatura. Así o dixo no debate dunha pregunta oral o pasado mércores que presentou na Comisión Institucional do Parlamento sobre a paralización desta obra.
Recordou que “esta demanda vén de vello e foi atendida na pasada lexislatura cun goberno socialista na Xunta de Galicia”. Dixo que “sempre entendimos que a sede xudicial de Muros ubicada dentro da casa do Concello estaba alí de forma temporal e que o propio era dotar ao Partido Xudicial cun edificio propio onde se ubicaría o xulgado de primeira instancia, entre outros servizos”.
O responsable socialista criticou que o Goberno galego teña paralizado esta construción dende a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta, hai tres anos, porque malia “vangloriarse dun suposto investimento sen precedentes en infraestruturas xudiciais e alardean de compromiso coa mellora de servizos xudiciais, o que sabemos é que non consideran unha prioridade ao xulgado de Muros e a proba está aquí”.
Lembrou que na pasada lexislatura, baixo goberno socialista, foron dados “pasos ben relevantes” para executar este proxecto, pero que a chegada do PP á Xunta supuxo tres anos de parálise desta iniciativa.
Lage Tuñas recordou que “o goberno socialista de Pérez Touriño redactou o proxecto e adxudicouno. Cando chegou Feijóo á presidencia da Xunta, o seu goberno anulou a adxudicación e tivo que indemnizar á empresa afectada. Despois de tres anos o que pedimos é un compromiso firme para que se dote a Muros cun edificio propio para o Partido Xudicial. E cabe recordar que o concello xa cedeu unha parcela e existe un proxecto redactado, agora só falta a vontade da Xunta de materializalo”.
Na súa nota de prensa, o Psoe non se pronuncia sobre as recentes noticias de diálogo entre Bng e PP para desaloxar a Caridade González da alcaldía.
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario