Foi presidida a entrega por Núñez Feijóo, que chega a contradicirse, logo de deixar sen consellería propia a área de Cultura, con esta perla: "coa arte, Galicia rebélase tamén contra un destino que parecía condenala a ser un país pequeno e periférico. Da man da cultura Galicia faise grande e ofrécese como encrucillada fundamental das correntes de creación”
O presidente da Xunta dixo, nunha das súas numerosas hipérboles, que “Galicia, Ribeira, Artes, transfórmanse en lugares de encontro para a arte de todos os tempos. Algo semellante ás Nacións Unidas da creación”
Ribeira, 1 de marzo de 2012.- O presidente da Xunta afirmou esta tarde, no acto de entrega dos premios Atlante do Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes, que as 200 obras concursantes e os 16 países presentes proban a afirmación de Vicente Risco de que ‘Galicia é un mundo’. “Risco –dixo- ensinounos a apreciar a grandeza da nosa terra e a afirmación do intelectual ourensán faise de novo realidade en Ribeira, en San Xián de Artes”.
Feijóo destacou que coa arte, Galicia rebélase tamén contra un destino que parecía condenala a ser un país pequeno e periférico. “Da man da cultura, Galicia faise grande e ofrécese como encrucillada fundamental das correntes de creación” afirmou ao que engadiu que Ribeira e Artes son unha desas encrucilladas.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno autonómico felicitou a Manuel Moreno Morales, Yuko Yamada, Ramiro de Undabeytia e Justo Antonio Heras Fernández, premiados na categoría de <Gravado>. Expresou os seus parabéns a Sandra González Caamaño, gañadora do premio destinado a <Gravado do Barbanza>. E aplaudiu tamén aos finalistas Hugo Besard, Micaela Trocello, Rutmi Sassaki, Ana Cambeiro, Encarna Méndez e Manuel Castro. “Vexo en cada un deles –aseverou- a un Atlante”.
Museo do Gravado de Artes en Ribeira
Lembranza para Leopoldo Nóvoa
Así mesmo, subliñou que Ribeira resume no seu Museo boa parte da historia mundial do gravado. “E faino –dixo- cun estilo que tamén nos fai lembrar a concepción cosmopolita que Vicente Risco tiña da nosa cultura. No fogar artístico de Artes, Laxeiro dialoga con Van Dick, Rembrandt faino con Sucasas, e Lamazares intercambia cores e figuras con Chagall. Nese recinto máxico, o noso chorado Leopoldo Nóvoa é recibido no ceo dos artistas por Durero, Goya e Picasso”.
Feijóo concluíu lembrando que Artes é, con eses fondos que acadan os 26.000 gravados e abranguen un extenso ámbito xeográfico e un longo período histórico, un dos grandes centros internacionais da actividade artística. “Galicia, Ribeira, Artes, transfórmanse en lugares de encontro para a arte de todos os tempos. Algo semellante –aseverou- ás Nacións Unidas da creación”.Parodia de Vicente Risco no twitter:
Pode que tamén lle interese:A enfermidade infantil do nazonalismo maniféstase con dúas variantes antagónicas: admirazón exacerbada por Beiras ou pola UPG. Dempois pasa.
— Vicente Risco (@VicenteRisco) March 1, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario