Hoxe ás 11,00 h. tivo lugar no Espazo Xove de Noia unha Xornada de información xuvenil , dentro da campaña que a Axencia de Europa de Información e Asesoramento para os Mozos (ERYCA), lanza sobre o Dereito á Información Xuvenil 2012
Noia, 18 de abril de 2012. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, uniuse á campaña ‘O Dereito a Información Xuvenil’ con motivo do Día Europeo deste eido, coa posta en marcha de seminarios e xornadas dirixidas á visualización da información especializada e á figura do informador xuvenil. Na Xornada de hoxe no Espazo Xove de Noia participaron ao redor de 55 mozos e mozas de 16 a 30 anos. Participaron Jesús Antelo García, director do Centro coordinador de información xuvenil de Galicia, os responsables dos Espazos Xove de Betanzos, María Doporto Sabín, Curtis, Eduardo Vázquez Sánchez e Pontedeume, Maria Isabel Pena Gregorio, todos eles moderados pola directora da Casa da Xuventude de Noia, Almudena Suárez Torrado.
Estas xornadas, que xa tiveron o seu inicio onte no Centro Coordinador de Información Xuvenil de Santiago, celebrouse hoxe no Espazo Xove da Rede Galega de centros xuvenís de Noia, que está destinada a mozos e mozas de 16 a 30 anos, co obxecto de darlles a coñecer os seus dereitos sobre a información xuvenil e as actuacións que se levan a cabo desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e desde o propio Espazo Xove (Casa da Xuventude) de Noia .
A campaña, posta en marcha pola axencia europea ERYCA en colaboración co Consello de Europa, pretende sensibilizar á mocidade e aos medios de comunicación sobre o papel especial da información para os mozos e mozas con respecto ao acceso destes aos seus dereitos. Tamén se pretende sensibilizar sobre o acceso á información como un dereito en si mesmo para toda a xuventude. Así mesmo e como requisito previo, establécese o respecto á democracia, aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais, así como o dereito a que todos os mozos e mozas teñan acceso a unha información completa, obxectiva, comprensible e fiable sobre todas as súas dúbidas e necesidades.
Sanidade: a asociación SOS Sanidade Pública advertiu onte dos recortes e copagos que o PP anunciou hoxe is.gd/qdD7zi culturagalega.org/noticia.php?id… Que usas? Chrome? Firefox? Pois xa lles podes engadir as ferramentas do dicionario novo da RAG vía @culturagalega Queremos que el Gobierno publique las más de 3.600 ideas de los ciudadanos sobre la Ley de #Transparencia. ow.ly/al7l1
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario