Noia, 18 de abril de 2012. Segundo informou hoxe o concelleiro de Urbanismo e Casco Histórico noiés, o nacionalista Bieito González, "os propietarios do inmoble número 7 da rúa Rodríguez Cadarso, veñen de atender a orde de execución dictada no seu día pola Concellería de Casco Histórico. Dita orde buscaba o cumprimento do deber de conservación que obriga aos propietarios de inmobles a mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e ornato público tal como establece a Lei do Solo de Galiza e o texto do propio Plan Especial de Protección do Casco Antigo".
Os traballos que se van a executar consisten na reparación do tellado, coa colocación de uralita e tella do país. Tamén se procederá á reparación dos desperfectos existentes na fachada principal alí onde estea danado o recebo. Do mesmo xeito as medianeiras vista serán recebadas e pintadas de cor blanco. Tamén será obxeto desta intervención a reparación das carpinterías das fiestras, así como a suxeción dos vidros.
O inmoble do antigo Hotel Ribadavia data dos anos 40-50 do pasado século. É un edificio de gran desenvolvemento de fachada, resolto mediante unha composición asimétrica que o fragmenta en balcóns e miradores con galería. Ten unha composición de marcada horizontalidade, tanto no alfomadillado de planta baixa como nas molduras planas que separan as distintas plantas. Trátase dunha boa mostra da arquitectura de posguerra vinculada ao racionalismo, interesante para o estudo da variedade constructiva no conxunto histórico da vila.
A edificación está dentro do catálogo de inmobles protexidos, coa categoría de ambiental tipo A, o que obriga ao mantemento da súa fachada, así como á conservación dos detalles ambientales e estéticos orixinais que o caracterizan.
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario