23.5.12

Boiro: este sábado 26, I Encontro Galego de Escolas de Música

Boiro_corais

Boiro, 23 de maio de 2012. Enmarcado
 na
 programación
 mensual
 que
 vén
 organizando
 a
 Escola
 de
 Música
 de
 Boiro
 ao
 longo
 deste 
curso,
 terá 
lugar 
este
 sábado
 26
 de
 maio
 o
 I
 Encontro
 Galego
 de
 Escolas
 de
 Música.
 Participarán 
as
Escolas
 de 
Música
 de 
Carnota, 
Muros, 
Cee 
e 
a 
Escola de 
Música 
Estudio 
de 
Santiago 
de Compostela.


Tocarán arredor
 de
 15
 músicos
 de
 cada
 unha
 das
 escolas
 participantes. O
 obxetivo
 deste
 encontro
 é
 o
 de
 compartir 
experiencias 
educativas e 
estreitar 
lazos 
entre 
as 
alumnas 
e 
alumnos 
de 
distintas 
escolas de
 música.
 Desde
 a
 Escola de Música de Boiro apostan, din, "polo
 diálogo
 musical
 e
 cultural 
con 
outras 
escolas 
galegas, 
polo 
que 
agardamos 
que 
este sexa 
o 
primeiro 
de 
moitos 
máis".

Ás
 12:00  terá
 lugar
 a
 recepción
 das
 Escolas
 na
 Praza
 do
 Concello 
a 
cargo
 da 
Escola de Música de Boiro e 
a 
corporación 
municipal.
 Unha 
vez feitas
 as
 presentacións
 irán ata
 o
 Centro Arqueolóxico da Barbanza, en Neixón
 para
 asistir
 a
 unha
 visita
 guiada 
e 
dar 
a 
coñecer
 aos 
invitados 
un 
dos 
lugares
 máis
 representativos 
deste 
concello. 
Despois
 do 
xantar 
realizarase unha
 visita
 ás
 instalacións
 da
 EMB
 e
 terán
 lugar
 os
 ensaios
 previos. 
O 
concerto 
de 
clausura
 da 
xornada 
está 
previsto 
ás 17:30 no 
Auditorio 
da 
Casa 
da 
Cultura "
Ramón 
Martínez 
López".


+INFO:
http://escolamusicaboiro.blogspot.com.es

https://twitter.com/Certo/status/205377742370385920

Antes publicamos:


O Faiado 2: o sábado 26, roteiro pola costa ribeirense


Exposición no Centro Social: ata o 31 de maio, alumnado de Arte

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical