31.5.12

Dodro: a "Escola de Verán" organiza actividades para a rapazada de 3 a 12 anos entre o 2 de xullo e o 31 de agosto

Dodro, 31 de maio de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro organiza este verán actividades dirixidas os rapaces/zas dentro do que denominan "Escola de Verán".

"Dende esta Concellería temos o firme propósito de axudar e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo potenciar as actitudes de cooperación e respecto nos nenos/as. Levaranse a cabo actividades de ocio e tempo libre fomentando a educación en valores como a igualdade, tolerancia e respecto sen esquecerse da parte lúdica e que lles vai axudar á creación da súa propia identidade e no seu desenvolvemento persoal", explica a concelleira responsable e tenente de Alcalde, Marisol Boga.

Entre outras haberá actividades de bricolaxe, cociña, costura, xogos predeportivos, películas, contacontos, ximcanas.... e sobre todo, prometen, "moita diversión".

De balde, no colexio Baleirón

A Escola de Verán é totalmente gratuita e está dirixida a rapaces/as de 3 a 12 anos (ambos incluídos) e será no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón do 2 de xullo ao 31 de agosto de luns a venres en horario de 9,30 h a 13,30 h.

O número de prazas é limitado e outorgaránse por rigurosa orde de inscrición. Poderán inscribirse na Casa da Cultura do 13 ao 27 de xuño en horario de 9 h a 14 h e de 16 h a 19 h.

Xornada de respiro o 29 de xuño

Esta mesma concellería organiza unha nova xornada de respiro para os/as coidadores de persoas dependentes no balneario Termas de Cuntis para o vindeiro 29 de xuño. O custo é de 14 € por persoa e poden realizar as inscricións no Departamento de Servizos Sociais de Dodro ata o 26 de xuño.

 Carné Xove

A Concellería de Xuventude e Familia, a través da OMIX de Dodro informa a todos os mozos/as do concello que xa poden solicitar o Carné Xove. Para elo poden acudir á Oficina municipal de información xuvenil instalada na Casa da Cultura en horario de 9h a 14h e de 16h a 19h. Esta concellería xa remiteu información en cartas persoalizadas a todos os mozos/as do concello entre 12 e 30 anos.

Tamén dende a Omix creouse o facebook de Xuventude de Dodro, que pretende ser un punto de encontro e intercambio de información  para todos os mozos/as do concello:

www.facebook.com/xuventudedodro

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical