Jesús Parada paríu este cartel. E gaña por segundo ano consecutivo
Ribeira, 24 de maio de 2012. O pasado sábado tivo lugar a Segunda Asemblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. No local social reuníronse 32 peñeiros co fin de votar a man alzada o premio Salvador Daquí (deseño do Cartel da Festa) do cal saíu gañador por segundo ano consecutivo Jesús Parada Miniño da Peña Carallos de Rei e o premio A Jata Ruín de la Praia (deseño da Sudadeira Dorneira) do cal saíu gañador Javier Fontaiña Falque da peña A Nasa.
Javier Fontaíña deulle pulo a este deseño da sudadeira
Rifa dorneira
Por outro lado comentouse entre os asistentes que se fixo unha rifa dorneira onde se pode gañar unha cea no Gourmet de Aljan poseendo o boleto que coincida coas tres derradeiras cifras do sorteo da lotería nacional do Sábado 21 de Xullo de 2012. Pódense adquirir as rifas por riveira a múltiples vendedores e en fanequeiras como A Taberna do Riaso.
Por último, repartironse impresos entre os asistentes para poder actuliazar os seus datos como socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna ou facerse novos socios, xa que ser dorneiro acreditado é colaborar con todas as actividades da asociación. Estes impresos poderanse entregar na seguinte asamblea que terá lugar no mes de xuño, segundo informou Arturo González Mariño, Vicepresidente da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.
Xa llo contáramos en:
Festa da Dorna: estes van ser os deseños deste ano
Manuel Venator habla hoy de Reinas de Copas, pero no abriguen la Esperanza de que sea ésa precisamente.certo.es/index.php?page… SI LOS RECTORES PLANTARAN A WERT TRAS IR EN BICICLETAS ELÉCTRICAS, COMO RUIZ RIVAS, SERÍAN CREÍBLES modo@masaenfurecida twitter.com/Certo/status/2… Ribeira: o Día Solar Europeo serviu para divulgar as enerxías minieólica, térmica e fotovoltaica post.ly/7RRYA Non estaremos pedaleando por enriba das nosas posibilidades? dicoruna.es/dicoruna-notic… E canto para a Volta a España? Puf, puf, puf! #despilfarro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario