- Por outra banda, o Espazo Xove informa aos que están a sacar o carné de conducir ou pensan facelo nun futuro que hai unha axuda de ata 200 euros da Xunta para moz@s entre 18 e 30 anos
[[posterous-content:pid___0]]Ollo cos horarios e os percorridos, sobre todo os automobilistas:
A proba feminina comezará ás 16:00 horas, a proba popular ás 16:15 horas e a proba masculina ás 17:45 horas.
O primeiro sector consistirá en 5 quilómetros de carreira a pé 4 voltas nun circuíto urbano con saída nas inmediacións do campo de fútbol e transcorrerá na súa totalidade por tramo urbano, polas rúas próximas ao campo de fútbol. Os primeiros duatletas completarán este primeiro sector en aproximadamente 16 minutos; os últimos empregarán aproximadamente 30 minutos.O último da proba popular chegará 7 minutos despois da última muller. O segundo sector, de 20 quilómetros de carreira en bicicleta, comezará ás 16:16 horas (proba feminina) e ás 18:01 horas (proba masculina). Serán 3 voltas saíndo da área de transición pola rúa Paraguai, xirando á dereita na rúa de Venezuela (tramo do enlace), rúa República Arxentina, subida por rúa Colombia, Lugar de Couto de Arriba, xiro á esquerda pola AC-4202, xiro á esquerda, novamente xiro á esquerda pola nova variante da AC-4201, xiro á esquerda na AC-4201, xiro á esquerda na AC-308, xiro á esquerda na AC-311 continuando pola rúa de San Bernardo, rúa Galicia, xiro á esquerda pola rúa Escultor Ferreiro (AC-1104), continuando ata á rúa República Arxentina onde se completa unha volta. Na terceira volta se dirixen cara á área de transición polo tramo de enlace. Proba feminina: As duatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 16:54 horas, e as de cola ás 17:17 horas. Proba masculina: Os duatletas de cabeza completarán o percorrido aproximadamente ás 18:32 horas e os de cola ás 18:45 horas. O último participante da proba popular chegará antes da última participante feminina. O terceiro sector, de 2,5 quilómetros. De carreira a pé, será de dúas voltas polo mesmo circuíto que no primeiro sector. Proba feminina: As primeiras rematarán a proba ás 17:03 horas, e as últimas ás 17:28 horas. Proba masculina: Os primeiros rematarán a proba ás 18:41 horas e os últimos ás 19:00 horas.Espazo Xove: 200 euros se cumpres os requisitos
O Espazo Xove de Noia ofrece información a aquelas persoas interesadas sobre a axuda de 200 € para a obtención do carné de conducir publicada no DOG de hoxe 14 de maio de 2012, destinada a mozos/as e mozas entre 18 e 30 anos.
REQUISITOSTer entre 18 e 30 anos; residir en Galicia; ser titular do carné xove; estar en situación de desemprego (cunha antigüidade mínima de 6 meses); non ter, a unidade familiar, ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM.Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria.As axudas concederánsevos a todos/as os que reunades os requisitos esixidos, seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.
A gala de fin de curso de patinaxe é este xoves 17, Día das Letras Galegas, no pavillón municipal wp.me/p1KBCH-a2 vía @novasdenoia Cultura: a xira "Coñeces a Valentín?" de Serafín Marcos recala en Noia, Rianxo e Rois esta semana post.ly/7HMX5
Cultura en Noia: programación da Semana das Letras Galegas
- Urbanismo en Noia: asinada outra fase de rehabilitación da zona vella
Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario