Torre Xunqueiras foi empregado para múltiples usos na súa longa historia. Na imaxe, como plató de cinema para un documental sobre Valle-Inclán A Pobra do Caramiñal, 2 de maio de 2012. Este vindeiro venres, 4 de maio, ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra "A mirada da luz", do escultor e pintor pobrense Manuel Teira, no Pazo Torre dos Xunqueiras. "Nunha iniciativa insólita na comarca do Barbanza, os empresarios Pablo Pouso e Javier Pouso ( propietarios do restaurante Lagar), chegaron a un acordo co escultor pobrense Manuel Teira, e ceden un espazo expositivo permanente no Pazo Torre dos Xunqueiras, onde, a partir do día 4 de maio se vai poder contemplar de xeito permanente a obra deste prolífico autor da Pobra do Caramiñal", explican os organizadores, que cren que "iniciativas coma ésta, sen dúbida, incentivan e dotan de imaxinación este local hosteleiro, enmarcado nun dos edificios históricos máis sobresaíntes da comarca do Barbanza, a Torre fortaleza de Xunqueiras. Pazo dos Xunqueiras, este local de restauración, a partir de agora compaxinará gastronomía e cultura. A creación deste espazo alternativo gastronómico-cultural vai marcar unha referencia no Barbanza e ofrecéralle aos seus clientes a posibilidade de recrearse entre os sabores e a arte".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario