2.5.12

Ribeira: case 50.000 euros para unha web e imaxe do proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado na maior parte con fondos europeos

Ribeira, 2 de maio de 2012.- O Concello informa hoxe da adxudicación do contrato para a prestación dos servizos de apoio de comunicación e publicidade do proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con fondos FEDER dentro do eixo “desenvolvemento sostible local e urbano”. A devandita adxudicación recaeu na empresa Relaciones Públicas Galicia, S.L., por un importe de 46.610 euros.

En virtude deste contrato, a empresa adxudicataria encargarase da confección do Manual de Identidade Corporativa que recolla os elementos constitutivos da identidade visual do proxecto e a súa convivencia coa imaxe corporativa do Concello.  Tamén se lle encomendará a creación dunha páxina web coa que contribuír a divulgación e posta en valor deste ambicioso plan: unha páxina que terá carácter multilingüe e contará ademais cunha versión específica para dispositivos móbiles.

Co idéntico obxectivo de potenciar a difusión da iniciativa, a proposta inclúe tamén a edición de folletos-guía, carteis, plotters-roll up e abundante material para uso en actos institucionais, así como a asistencia á hora de efectuar a comunicación entre os medios do proxecto Riveira Atlántica e das actuacións incluídas nel.

As once actuacións contempladas no marco deste proxecto Ribeira Atlántica 2015 son:

   1. Creación dun centro social e de ocio saúdable de Oleiros
   2. Construción dun paseo marítimo-terrestre polo borde litoral de Ribeira
   3. Creación dun parque biosaúdable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes.

   4. Recuperación ambiental e patrimonial do río Artés ou Arlés
   5. Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria

   6. Recuperación da antiga aldea mariñeira na illa de Sálvora e promoción de visitas á illa
   7. Construción dun novo mercado municipal
   8. Creación dunha web turístico-patrimonial
   9. Creación dunha rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Ribeira
  10. Plan de recuperación de núcleos tradicionais
  11. Recuperación e interpretación do complexo mar-industrial de Área Secada




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical