Ribeira, 2 de maio de 2012.- O Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe, 2 de maio, recolle un anuncio polo que se informa a convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres técnicos para a atención das oficinas municipais de turismo situadas en Ribeira.
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia que se presentará no Rexistro Xeral da Corporación durante un prazo de dez días naturais, que se iniciará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.
O obxecto da convocatoria é a contratación dos tres técnicos indicados por un proceso de selección de oposición libre para a atención das oficinas turísticas por un período de tres meses coincidentes co período estival: dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro.
Entre os requisitos necesarios para poder aspirar a unha das tres prazas, figura a de ter cumpridos os 16 anos de idade e estar en posesión do Título académico de Formación Profesional de Ciclo Superior de “Información e Comercialización Turísticas”, “Animación Turísticas” ou “Axencias de Viaxes”. Tamén serán admitidos os diplomados ou licenciados en turismo e licenciados universitarios na rama de humanidades.
Ribeira: deportistas de taekwondo que participarán nos Xogos Olímpicos de Londres entrenaranse neste municipio post.ly/76wL1
— Certo (@Certo) May 2, 2012
Precisas recursos didácticos sobre o Día das Letras Galegas? Velaquí: seminariogalan.org #vitaminasgalego
— Certo (@Certo) May 2, 2012
O CONCELLO DE RIBEIRA convoca 3 prazas de técnicos para atención oficinas municipais. Contrato laboral temporal. empleopublicoengalicia.blogspot.com/2012/05/concel…
— Pablo (@PabloCGarabal) May 2, 2012
Por que o concello de RiBeira e o seu SNL incumpren a lei de Normalización Lingüística? tinyurl.com/d7mv8yk
— Luz Méndez (@Vermedaluz) May 2, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario