Dodro, 1 de xuño de 2012. O pasado día 29 de maio remataron os Obradoiros de Memoria e Alfabetización organizados pola concellería de Servizos Sociais e Igualdade, que se realizaron en sete aldeas do Concello de Dodro ( Bexo, Tallós, Lestrobe, Imo, Traxeito, Vigo e Teaio). Un total de 74 alumnos/as acudiron a estos talleres dende o mes de setembro.
Como remate do curso fíxose fai uns días unha excursión a Portugal e o mesmo día 29 pola tarde realizouse a festa de fin de curso. Asistiron á festa o alcalde Valentin Alfonsín e a concelleira responsable, Marisol Boga
Na festa fixose un visionado dunha presentación de fotografías e recordos destes meses e o alcalde e a concelleira fixeron entrega dos diplomas a todos/as os alumnos/as. Despois todos degustaron unha merenda na que colaboraron as alumnas dos talleres e divertíronse con xogos e música.
.-Pois non atopo o diploma do curso. Onde o metería? .-Ti saberás! De que era o curso? .- Era do... como era? Ah, si do taller de memoria!
— Certo (@Certo) June 1, 2012
- Queixas: sobre o curso de informática
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario