Noia, 29 de xuño de 2012. Onte pola noite, ao parecer dous mozos, intentaron prenderlle lume ás máquinas que están a traballar na ponte da variante de Noia na zona do Río do Porto, que pertence á parroquia de Santa Cristina de Barro. Ignórase se se trata dunha simple -pero grave- gamberrada ou dunha sabotaxe destas obras, as cales foron contestadas no seu día por unha parte da poboación noiesa. Os danos materiais tan só se produciron nun bidón e nunha lona de obra que ardeu, pois os autores desta trasnada foron sorprendidos ao pouco de comezar o lume e fuxiron, amparándose na escuridade, xa que era noite pechada, sobre as doce e media. Forzas de seguridade -Policía e Garda Civil- están a investigar os feitos.
Noia: Pepo Suevos e Oswaldo Digón ofrecen esta noite en Noia o seu espectáculo de Monólogos R. No pavillón Alonso Rodriguez ás 21,30 horas.
— Certo (@Certo) June 29, 2012
Noia: convocan protesta diante do Concello este domingo 1 de xullo contra a fusión con Lousame post.ly/82YSv
— Certo (@Certo) June 29, 2012
Noia: orde do día do pleno ordinario do 29 de xuño post.ly/82WLw
— Certo (@Certo) June 29, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia












No hay comentarios:
Publicar un comentario