13.6.12

Ribeira: "Documenta" amosa un século de papeis significativos do arquivo municipal

  •  Entre 1867 e 1967, 30 documentos entre os que se atopa o paso da primeira Volta Ciclista a Galicia de 1933, a declaración do estado de guerra de 1934 e ordenanzas municipais de 1867 a 1880

 

Ribeira, 13 de xuño de 2012.- No marco do Xuño da Cultura e as Letras, a Sala Museo Municipal deu cabida a unha nova exposición que, co título de “Documenta. O Arquivo Municipal de Riveira: administración, memoria e patrimonio, exhibe ata unha trintena de significativos documentos históricos e expedientes municipais con data de entre 1867 e 1967.

 

Para inaugurar esta mostra estiveron presentes o alcalde Manuel Ruiz Rivas, a concelleira de Cultura Elvira Pisos, a dinamizadora do museo Pilar Casas, e o arquiveiro municipal José Antonio Otero.

 

Segundo reflectiu a dinamizadora do museo, Pilar Casas, a exposición, situada na planta baixa da instalación, recolle arredor dunha trintena de documentos e expedientes municipais custodiados no arquivo que permiten facer unha pequena aproximación á variedade tipolóxica documental xerada polo Concello de Ribeira. Á hora de facer a selección se tivo en conta que non se expuxeran en anteriores ocasións como puido ser á da conmemoración do Centenario.

 

Ordenanzas municipais de mediados do século XIX; bases reguladoras de horarios de apertura do comercio no 1936; bandos da alcaldía; o libro de rexistro de emigrantes; proxectos de reformas urbanas; libro de rexistro de entrada e saída de barcos do porto de Ribeira; partes de asistencia á escola ou diversos programas das festas de verán son algúns dos documentos que se poden ver nesta mostra.

 

O alcalde animou aos veciños a que visiten esta exposición coa confianza de que lles vai gustar pola curiosidade da documentación exposta e por coñecer como era a realidade de Ribeira nos tempos antigos. A este respecto, manifestou que o que nos veñen a demostrar estes documentos é que “pasan os anos pero as preocupacións dos responsables do Concello seguen sendo as mesmas que hai 100 anos”.

 

Cabe recordar que o museo está aberto de martes a venres de 9 a 14 e de 17 a 19 horas e os sábados de 10 a 14 horas.

 

Relación de documentos expostos:

      Bases Reguladoras das horas de Apertura e Peche do Comercio de Riveira e da Xornada da Dependencia Mercantil (1936)             

      Ordenanzas Municipais do Concello de Riveira (1867- 1880)

      Libro de Bandos ditados pola Alcaldía (1898- 1923)

      Bando da Alcaldía: alquitranado da rúa principal desde a Fonte de Padín hasta a entrada do Peirao (1927)

      Bando da Alcaldía: 1ª Volta a Galicia (1933)

      Bando da Alcaldía: Declaración do Estado de Guerra (1934)

      Expediente de constitución do Concello (1949)                                         

      Relación de Concelleiros, Médicos e Farmacéuticos do Concello (1926)

      Libro Rexistro de Emigrantes (1923-1937)                                         

      Festas Patronais (1945)                                                                                   

      Caderno de Servizos do Faro de Corrubedo (1893-1896)

      Libro Rexistro de Entrada e Saída de Buques (1893-1894)

      Oficio do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo              (1892, abril, 28)

      Oficio da Alcaldía Constitucional de Riveira (1892)                           

      Fotografías de Riveira (1967)                                         

      Bautista Lemiña solicita autorización para a publicación dun periódico semanal `El Eco De Riveira’ (1929)                                         

      Acta de Deslinde entre os Municipios de Riveira e a Pobra do Caramiñal (1960)

      Plano para o Informe sobre a liña límite entre os termos municipais de Riveira e Pobra do Caramiñal (1958)                           

      Proxecto para o Campo da Feira (1946)                                                       

      Acta de constitución do Gremio de Representacións Cinematográficas (1943)

      Expediente instruído para demostrar a tradición e necesidade de subsistencia das feiras e mercados que se celebran en Riveira (1928)

      Actas de xuramentos da Constitución de 1869 por varios individuos con cargos públicos e clases pasivas (1869)

      Plano de Aliñación na nova Rúa entre a Casa do Concello e o punto denominado “Pontella” (1951)

      Informe ao Presidente da Xunta de Sanidade sobre depósito de tabaco de barco naufragado nos baixos de Corrubedo (1878)

      Acta da Xunta de Socorros para a distribución dos fondos recadados ás familias dos náufragos de Corrubedo da barca `Constantino´ e outros sinistros

      Proxecto de fonte Pública en Aguiño (1963)

      Ampliación Casa do ConcelloEn: “Proxecto de Ampliación de nave á Casa do Concello” (1938)

      Muros de rampla e Lonxa. En: “Construción  de novo edificio de Plaza de Abastos e Lonxa de Contratación de Peixe” (1941)

      Santa Eugenia de Riveira. 1ER Premio de embellecimiento de pueblos, 1959. Fiestas populares. (1961, Agosto)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical