13.6.12

Ribeira: máis de cen mil euros para renovar a rúa Esteirón de Palmeira

Ra_esteirn

Ribeira, 13 de xuño de 2012.- O Concello informa da próxima actuación na rúa Esteirón, en virtude da que se verán renovados os servizos desta vía situada na parroquia de Palmeira e que descorre paralela á praia da Corna. O orzamento da obra ascende a 106.405,53 euros. Nestes momentos, os servizos técnicos da Administración Municipal están preparando os trámites oportunos de cara á súa licitación.

A rúa Esteirón atópase actualmente bastante deteriorada. O seu firme está formado por unha capa de formigón que se foi danando polas sucesivas reparacións que ao longo do tempo se realizaron nos servizos da zona. Ademais, o colector de saneamento existente está feito de formigón, non existe rede separativa de alcantarillado (pluviais e fecais descorren por un único colector) e as tubaxes da rede de abastecemento son de fibrocemento.

En consecuencia, a actuación que se prevé realizar contempla en primeiro lugar a substitución da tubaxe de auga existente por outras de polietileno de alta densidade. Renovaranse as acometidas existentes, dispoñendo todas as chaves e válvulas que sexan necesarias.

Separación de pluviais e fecais

Ademais, instalarase polo centro da calzada un colector de PVC liso para o saneamento de fecais e un colector de PVC corrugado para pluviais. Nas liñas de fecais se construirán pozos de rexistro cada 30 ou 35 metros e  en todas as conexións con colectores existentes. Tamén se reporán as acometidas domiciliarias con tubaxes de PVC liso. Nas liñas de pluviais colocaranse arquetas sumidoiro e disporanse acometidas de pluviais.

En canto á pavimentación, empregarase unha mestura bituminosa en quente tipo D-12 de oito centímetros de espesor. O prazo de execución das obras é de tres meses.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical