29.6.12

Ribeira: a coral municipal actuou diante do mercado provisional

 

Ribeira, 29 de xuño de 2012.- A cidade acolleu na tarde de onte unha inusual iniciativa que espertou o interese de numerosos veciños e visitantes que transitaban pola zona peonil da localicade: a actuación, xustamente diante do Mercado Provisional, da Coral Polifónica Municipal de Ribeira.

 

Baixo a dirección de Enrique Paisal, este grupo formado agasallou aos asistentes cun repertorio que constou de temas cantados tanto en galego como en castelán; entre eles, “El loco soñador”, “Pombiña mensaxeira”, “La sirena”, “Ría de Arousa”, “Un viejo amor” e “Himno a Ribeira.

 

Fundada no ano 1991, a Coral Polifónica municipal ten demostrado o seu talento xa non só nos escenarios galegos ou estatais, senón en lugares tan coñecidos e lonxanos como Washington ou Nova York.

 

Coral Polifónica, hoxe no auditorio


Se onte foi a Coral Municipal a que actuou no marco do Xuño da Cultura e as Artes, hoxe tocaralle o turno á Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira, cunha actuación no Auditorio ás 21 horas. A entrada será libre ata encher aforo. Dirixe Antonio Fernández Ageitos.







Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical