O acto terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Municipal e contará coa participación do alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura Elvira Pisos e, por suposto, os dous protagonistas da mostra. De acceso libre e gratuíto.
Charla de Renacer
Outra das novidades do día é a charla sobre a Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas en Menores de Idade que ofrece a Asociación Antidroga Renacer ás 19 horas na Aula Multimedia.
Nesta actividade intervirán entre outros Jorge Suances, subdirector do Programa de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade da Xunta; María González, presidenta de Renacer.
A charla, de acceso libre, está dirixida a todos os sectores sociais, empresariais, educativos e familiar.
Concertos no Conservatorio e no Brétema
Doutra parte, no Conservatorio de Música terá lugar un novo concerto, esta vez a cargo de alumnos de grao profesional. Promove a Concellería de Educación que dirixe Mª Carmen Vizcaya.
Por último,o bar Brétema acolle outra nova actuación no marco do seu ciclo de concertos acústicos “Sons na Brétema”. Actuará Basstar2. A partir das 23 horas. Organiza a Asociación na Brétema.
Foto: conferencia titulada “Historias do Cine: Regreso ó presente” que –dentro do Xuño da Cultura e as Artes- ofreceu onte a última hora do serán na Aula Multimedia o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto. Entre os asistentes estaban os alcaldes de Boiro e Ribeira, Juan José Dieste e Manuel Ruiz.
Xoves 21 de xuño: charla sobre Lei prevención de alcohol entre menores
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario