18.7.12

Noia: o balance da Feira Medieval deste ano supuxo un aforro para o Concello con respecto a outras ocasións



Estas son as portas novas que se estrearon este ano na Feira Medieval

Noia, 18 de xullo de 2012. A Feira Medieval de Noia, que se celebrou desta volta entre o 13 e o 15 de xullo pasados, supuxo, a xuízo da concelleira de Turismo noiesa, Mónica González Eiras, "un éxito de afluencia de xente e ventas, pero ademais un aforro económico para o Concello moi considerable". Segundo explicou, o ano pasado non houbo ningún ingreso -levaba todo unha empresa externa- e o Concello aportou 43.281 euros para a súa realización, namentres que este ano gastáronse 58.567 euros pero obtivéronse 37.894 cobrándolle aos dos postos que se quixeron instalar. Isto supón un saldo deudor de menos de vinte mil euros, menos da metade do que se gastou en 2011. Ademais, a concelleira de Turismo de Noia resaltou que dos 58.567 euros de gasto hai 8.500 investidos en teas e portas que se empregarán en vindeiras feiras.


Estímase que pasaron pola feira medieval deste ano unhas 50.000 persoas

Mónica González sinalou que "simplemente con xestión municipal estes case 25000 euros aforrados son dos noieses e non os leva unha empresa externa, que dende logo consideramos que o puido facer ben outros anos, pero mellor ca nós non, xa que isto é o que o pobo nos está a dicir estes días coas súas felicitacións e suxerencias para vindeiros anos".

A concelleira de turismo aproveitou a ocasión para facer unha listaxe de agradecementos, entre os que non faltou o pobo de Noia, tanto asociacións como particulares, pola súa colaboración; ao autor do cartel, Carlos Fontano; a Quico, o artista das novas portas; ao operativo de Protección Civil; a patrulla de Obras; equipo de Xardíns; equipo de mantemento eléctrico, equipo de augas, asociación de comerciantes Noia Histórica, conservatorio municipal e de xeito especial a Silvia Calo, ADL da concellería de Turismo, Ricardo Outeiral, xefe de Obras; Marisa Lorenzo, concelleira de Obras; Marisol Villar, concelleira de Medio Ambiente e Javier Rodríguez, concelleiro de Cultura por "estar dende o luns día 9 ao luns 16 de xullo, ao 200% ao meu carón, pois isto non o pode levar a cabo só unha persoa, pero entre todos aseguramos o éxito".

Pode que tamén lle interese:


Festexos: imaxes da Feira Medieval deste ano


Ciclo "Rúas Vivas": circo, cine, humor e música no verán



San Bartolomeu 2012: o 24 de agosto, Son de Seu, de balde


San Bartolomeu 2012: o 26 de agosto, Cantajuego

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical