11.7.12

Noia: obradoiro de memoria do 18 de xullo ao 14 de agosto no centro social de Barro

  • Organizado por Cruz Vermella Española de Noia en colaboración có Concello de Noia
  • Dirixido a persoas maiores
  • As actividades terán comezo o próximo mércores día 18 ata 14 de agosto e lavaranse a cabo no Centro Social de Barro durante dous días a semana
Media_httpfarm3static_agcdd

Noia, 11 de xullo de 2012. Dende a Asemblea Comarcal da Cruz Vermella de Noia, en colaboración co Concello de Noia ponse en marcha o proxecto “Obradoiros de Memoria” para a atención de persoas maiores. O proxecto enmárcase dentro da preocupación pola saúde e sobre todo vai dirixida á área de Memoria das persoas vellas.

Prevención do deterioro cognitivo e fomento da convivencia

Por un lado, a fin da actividade é a prevención. Prevención  que vai dirixida ao deterioro cognitivo que pode xurdir asociado á idade, e por outro lado a mellora da calidade de vida. A participación das persoas maiores en accións grupais fomenta a convivencia e as relacións entre o grupo de iguais dando lugar a un aumento das relacións sociais, da autoestima, das habilidades sociais, da motivación. Ademáis contemplase a optimización da capacidade de aprendizaxe, que leva consigo a adquisición e novos coñecementos, ademáis de potenciar o recordo dos coñecementos xa adquiridos. Este proxecto contempla igualmente actividades que favorezan a motricidade das persoas, empregando didácticas e modelos de prevención adaptados/as as usuarias e usuarios, así como actividades de esparcemento que favorezan a interrelación entre os usuarios/as.

As posibles causas do deterioro cognitivo e sobre todo da perda de memoria, pódense deber a mútliples  factores como son; a depresión, a falla de estimulación, as perdas de memoria asociadas a cirurxías, etc. Por iso as sesións semanais planificaranse en función dunha serie de tarefas que conlevan uns obxectivos ben definidos. Realízanse exercicios de orientación, tanto espacial, temporal como corporal, tarefas de atención, concentración, linguaxe, psicomotrocidade, cálculo etc. Tódolos obxectivos individuais de cada tarefa fan que de forma conxunta  consigamos o obxectivo xeral, que é a estimulación cognitiva das persoas maiores, e a prevención de patoloxías asociadas á memoria.

Pero os Obradoiros de Memoria non só se compoñen de exercicios senón que se inlcuén sesións de relaxación, dinámicas grupais: de presentación, de distensión, de motivación, que contribúen a espertar o ánimo das persoas maiores previndo síntomas depresivos, así como potenciar as súas habilidades sociais permitíndolle unha mellor relación persoal cos demáis e acadar unha satisfacción persoal sobre a propia vida.

Os obradoiros levaranse a cabo no Centro Social de Barro, terán comezo o día 18 de xullo en horario de 11 a 12 h., e están destinados a persoas maiores de 65 anos empadroados no Concello de Noia. Para solicitar máis información e formalizar a inscrición poderase chamar ó Concello de Noia ó telf. 981 84 21 00, e achegarse ao segundo andar do edificio do Concello (Servicios Sociais).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical