- O goberno galego respostou de xeito negativo á petición do PsdeG-Psoe para dotar a Noia cun novo centro de saúde
- Lage Tuñas insistirá en outono no Parlamento cunha nova petición e critica que a Xunta diga "non" á mellora dos servizos sanitarios da vila
- Lage lembra que Noia é cabeceira de comarca e que ten un PAC que da servizo médico a habitantes de varios concellos, co cal "sería lóxico que Sanidade se dote cun edificio propio para centro de saúde"
- Lage Tuñas, que tamén é secretario xeral dos socialistas noieses, lamenta que o goberno de Feijóo sexa "todo fume, propaganda e pouca concreción".
- O socialista quere para Noia un centro de saúde novo "que mellore os espazos de traballo para os profesionais, e sexa máis cómodo para os cidadáns ao tempo que incremente os servizos que se prestan no PAC para evitar a masificación do Hospital Clínico".
- A xuízo de Lage Tuñas, "as instalacións do PAC actual son moi mellorables", xa que hai numerosas queixas de que, por exemplo, agora no verán é un forno.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario