5.7.12

A Pobra do Caramiñal: denuncian a "baltarización" do Concello con novos casos de enchufismo

  • Desta volta, a enchufada é filla da concelleira popular de Servizos Sociais, e integrante de Novas Xeracións, acusa o Psoe
  • A concelleira socialista Teresa García Guillán considera unha "sinistra burla e descarada estafa a do alcalde Isaac Maceiras co acceso ao emprego público do concello, onde suple os principios de igualdade, mérito, capacidade e transparencia polos de enchufismo, clientelismo, amiguismo e escarnio cara á cidadanía"

Media_httpfarm5static_jnnln

Casa mariñeira da Pobra, onde está a oficina de turismo

A Pobra, 5 de xullo de 2012. Segundo denuncia hoxe en nota de prensa a voceira socialista da Pobra, Teresa García Guillán, "neste concello os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade requiridos para traballar en calquera administración pública novamente vólvense a infrinxir. Non é un principio básico para este Goberno que prometeu 500 postos de traballo en campaña electoral e o único que fai e enchufar aos amigos e descendentes dos seus concelleiros".

A concelleira da oposición sinala que o 3 de xullo, este martes pasado, abriu a oficina de turismo da Pobra, situada a carón do parque infantil do Castelo. " Que se saiba non houbo ningunha convocatoria oficial para cubrir dita vacante co profesional máis cualificado. Dita praza está a ocupala a filla da concelleira de Servizos Sociais, Balbina Lojo Olveira. A súa filla Estefanía García Lojo, que tamén exerce como vogal de Novas Xeracións da Pobra foi a persoa elixida sen que teñamos constancia da preparación académica requirida e se reúne as condicións mínimas para o posto".

Criterio sexista: "tiene buena presencia"

"Segundo puiden saber o criterio para seleccionar a esta moza foi, aparte do enchufe por ser filla da concelleira de servizos sociais, “es que tiene buena presencia”. O comentario, por sexista merece a miña repulsa, e dedúcese que a lei de igualdade é unha broma para este alcalde. Na lexislación vixente non existe o  concepto de “buena presencia” para acceder a traballar na administración", argumenta a voceira do Psoe pobrense.

"Aviso á nosa xuventude de que, aínda que estea preparada, se ten ideas propias e non  milita no Partido Popular, no concello da Pobra non ten futuro", prosegue Guillán, que cre que "esta irresponsabilidade do Alcalde fai que os veciños visualicemos a maneira que ten de premiar aos amigos, neste caso a un membro do seu equipo de goberno, comportándose dunha maneira despótica propia de tempos pasados. Mófase da xuventude, fai que se nos vexa como un concello de chirigota, de enchufados e discrimina aos profesionais que puideran competir por ese posto de traballo. Quebrantan as leis para ser fieis os seus amigos co fin de  pagar favores, desmoralizan aos mozos e as súas familias e búrlanse de toda a sociedade".

Outros favores anteriores á mesma concelleira:

Contratación de socorristas e limpeza de praias do ano pasado: http://pobrasocialista.blogspot.com.es/search?q=socorristas

Outro favor que o alcalde lle fixo a mesma concelleira: http://pobrasocialista.blogspot.com.es/2012/04/derroche-puro.html

Pregunta para o pleno:

Pregunta_pleno_filla_Balbinita.docx Download this file

Antes, en Certo:


Política: Maceiras, o alcalde opaco


Xunqueiras: ten que abrir catro días ao mes e segue e incumprir a lei

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical