- Dover, o gaiteiro Budiño, o grupo La Guardia e a cantante Rosa Cedrón son os pratos fortes
- O pregoeiro é desta volta Rubén Riós, actor ourensán famoso por "Libro de Familia", "Vilamor" e "Pradolongo"
Ribeira, 20 de xullo de 2012.- Os membros da nova comisión presentaron hoxe o programa de espectáculos e concertos que este ano van integrar as Festas de Verán de Ribeira 2012, entre os cales figuran actuacións de grupos e solistas tan destacados no panorama tanto galego como nacional e mesmo internacional como Dover, La Guardia, Rosa Cedrón e Xosé Manuel Budiño, entre outros.
A tal efecto, interviñeron no acto o presidente e o vicepresidente da comisión, José Andrés Alonso e Mariano Moares, ademais da concelleira de Cultura Elvira Pisos.
O actor ourensán Rubén Riós será o encargado de protagonizar o pregón deste ano. Nacido en 1980 en Riós (Ourense), ten aparecido en películas como Pradolongo ou Vilamor, estreada este ano baixo a dirección de Ignacio Vilar.
Todos os comparecentes na presentación quixeron facer fincapé na implicación das empresas que coa súa colaboración desinteresada permitiron a confección dun programa ambicioso e de interese para todas as franxas de idade.
Sorteo
Unha das grandes novidades referidas no acto de presentación é o sorteo dunha cesta de compra valorada en 500 euros. As rifas custan un euro e procurarase ir casa por casa para que todos os veciños teñan a oportunidade de gañar o premio.
Para promocionar o evento vanse editar 5.000 libros que se porán a disposición dos veciños.
PROGRAMACIÓN DAS FESTAS
Día 1 de Agosto (Mércores)
DÍA DEDICADO A DÉCADA DOS 80
09:30h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.
10:00h Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira
10:30h Ruada a Cargo da Banda de Música SEMENTEIRA. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.
12:00h Xornada multixogos, para todas as nenas e nenos. Na praza do Concello.
22:00h PREGÓN dende o Balcón do Concello a cárrego de Rubén Riós, actor das películas Vilamor e Pradolongo e da serie Libro de Familia.
23:00h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquestra TANGO
(PRIMEIRO PASE)
00:00 Actuación na praza de España de La Guardia
Dia 2 de Agosto (Xoves)
DIA DEDICADO A POBOACIÓN INFANTIL
09:30h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.
10:00h Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.
10:30h Ruada a Cargo da Banda de Música Isabel II de Touro. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.
12:00h Actuación de Monicreques na Praza do Concello: “Elías contra Calvin” de Duendesico Teatro.
22:30h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquesta ISMAEL
00:00h Gran Verbena (no Parque García Bayón) a cargo da Orquesta ODISEA
00:00 Espectacular actuación na Praza de España.
Dia 3 de Agosto (Venres)
DIA DEDICADO Á EMIGRACIÓN E A XUVENTUDE
09:30h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.
10:00h Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.
10:30h Ruada a Cargo da Banda de Música Santa Cruz de Rivadulla. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.
11:30h Xornada Multixogo e de Xogos Populares FESTIRIVEIRA, na Praza Uxío Novoneyra.
12:00h Recepción no Salón de Plenos do Concello aos Clubes e Asociacións de Emigrantes.
20:00h Futbol, Trofeo Comisión de Festas. No campo Municipal da Fieiteira: Atlético Riveira – Sálvora C.F.
20:00h Actuación no Auditorio de Riveira do Grupo de Baile de Casa Galicia de New York e Aires de Dorna.
22:30h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquesta CARTOON BAND
00:00 Actuación na Praza de España de DOVER
01:00 Discoteca Móbil para toda a xuventude. Na praza da Lonxa.
Dia 4 de Agosto (Sábado)
DÍA DO CARME. DEDICADO AS XENTES DO MAR
09:30h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.
10:00h Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.
12:00h Exposición do artista local JONTXU ARGIBAY en O FAIADO, Tenda – Galería, sita na Rúa de Galicia nº 82.
18:00h Misa Solemne na Honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Riveira, dirixida por Antonio Fernández. Celebración na lonxa de Riveira.
TRADICIONAL PROCESIÓN MARÍTIMA.
A continuación saída a Procesión Terrestre, da lonxa ata a Igrexa Parroquial, acompañada da Banda de Música de Negreira, Policía Infantil de Gala, Asociacións Culturais e Grupo de Gaitas de Casa Galicia de New York.
00:00h QUEIMA DE FOGOS DE ARTIFICIO. No Peirao.
00:30h Actuación na Praza de España de BUDIÑO
01:00h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquesta MARIMBA
Dia 5 de Agosto (Domingo)
DIA DEDICADO AO TECIDO SOCIAL
09:30h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día.
10:00h Dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas GANDAINA e O PICHOTE de Palmeira.
10:30h Ruada a Cargo da Banda de Música Eduardo Pondal. Rematarán a ruada na Residencia do Maior.
12:30h Misa Solemne na Honra de San Pedro.
[[posterous-content:dlszfJEvGJvIigehcxcf]]
19:00h Coroación das Raíñas da Flor no Adro da Igrexa. Gran desfile de Carrozas acompañadas no pasarrúas co espectáculo “Gala de Circo – Ruactiva”
22:30h Gran Verbena (no Malecón) a cargo da Orquesta AMERICA
00:00h Actuación na Praza de España de ROSA CEDRÓN
LUNS, 6 DE AGOSTO. Celebrarase o DÍA DO NENO/A coas ATRACCIÓNS DE FEIRA A PREZOS POPULARES.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario