Dodro, 27 de agosto de 2012. Dentro do Programa de conciliación familiar do goberno municipal, o Concello de Dodro organiza por segundo ano consecutivo e logo de ver os "resultados satisfactorios" destes talleres durante o curso pasado, os TALLERES DE ESCOLARIDADE para o curso 2012/2013.
Os talleres constan de clases de apoio e reforzo escolar, métodos de estudo e actividades recreativas, de tal modo que os nenos/as contarán con axuda para realizar as tarefas da escola, aprenderán métodos de estudo e terán diversas actividades recreativas e de ocio así como distintos talleres ao longo do curso.
Están dirixidos a nenos/as entre 6 e 12 anos e serán totalmente gratuítos para que a situación económica das familias non sexa impedimento e calquera poda optar a esta actividade por igual.
O equipo de goberno con este tipo de actividades intenta apoiar a educación nos nenos/as do concello e facilitarlles o estudo e o acceso gratuíto a clases de reforzo, xa que eles son o futuro do concello.
Os talleres serán de 16h a 19h de luns a venres de outubro a xuño. As inscricións deben realizarse no rexistro do Concello do 3 ao 12 de setembro.
Para máis información deben dirixirse ao departamento de servizos sociais do concello ou na Casa da Cultura. Están subvencionados pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Concello.
Mediación xuvenil: o 13 de setembro
Por outra banda, a OMIX de Dodro dependente da Concellería de Xuventude e Familia xunto coa Dirección xeral de xuventude e voluntariado da Xunta de Galicia, organizan o obradoiro “Mediación xuvenil para a participación” dirixido aos mozos/as do concello de 14 a 35 anos, animadores xuvenís, asociacións, etc.
Será o 13 de setembro ás 19h nas aulas da Paxareira e as inscricións poden realizarse ata o venres 7 de setembro na Omix de Dodro.
Curso de restauración: do 18S ao 13N
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro organiza un Curso de Restauración e Pintura Decorativa aberto a toda a poboación interesada e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello.
Será do 18 de setembro ao 13 de novembro no local de usos múltiples de Servizos Sociais de Dodro de 18h a 20h e totalmente gratuíto. O prazo de inscrición é do 3 ao 12 de setembro e deben realizarse no departamento de servizos sociais.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario