Barbanza-Noia, 21 de agosto de 2012.- Segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vanse levar a cabo ao longo deste verán obras de mellora en catro centros de ensino da comarca do Barbanza, cun investimento de 74.114 euros. Estas actuacións desenvolveranse en colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP) dos concellos de Noia, Porto do Son e Ribeira.
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recordou que estas actuacións enmárcanse na planificación levada a cabo polo departamento autonómico na provincia, onde se destinará 1,5 millóns de euros a acondicionar 67 centros de ensino de cara o vindeiro curso. A execución destes proxectos levarase a cabo durante o período non lectivo para evitar interferencias no desenvolvemento normal da actividade académica. En todo caso, a actuación estará rematada para o comezo do próximo curso escolar.
Felipe de Castro e Alexandre Rodríguez en Noia
A consellería investirá 16.290 euros no concello de Noia para reparar o pavimento do ximnasio do CEIP Felipe de Castro. Neste municipio tamén se dotará dun novo peche perimetral ao colexio Plurilingüe Alexandre Rodríguez Castelao, por importe de 12.380 euros.
Santa Irene en Porto do Son e o de Palmeira en Ribeira
En Porto do Son, acometerase a reforma dos baños e repararase unha fisura detectada na fachada do colexio Santa Irene, para o que se destinará unha achega 15.000 euros. Por último, Educación ten previsto instalar un novo ascensor no CEIP de Palmeira, no municipio de Ribeira, para o que consignará unha partida de 30.444 euros.
Con estas actuacións, indicou Do Campo, a Xunta “dará resposta ás necesidades educativas destes concellos, cumprindo o compromiso adquirido coas comunidades educativas dos colexios e institutos, coas que se consensuaron estas medidas”. Neste senso, a representante do Goberno galego na provincia subliñou que “a Xunta traballa para seguir avanzando na adecuación das infraestruturas coa fin de continuar mellorando as condicións de traballo e estudo dos mestres e alumnos”.
Antes, en Certo:
- Educación: ollo ás reducións en Porto do Son e Ribeira
Máis aulas de ensino privado en Galiciadlvr.it/226y51
— Galicia Confidencial (@Gconfidencial) August 21, 2012
O buscador por voz de Google xa está dispoñible en galego dlvr.it/21Ks47
— Galicia Confidencial (@Gconfidencial) August 17, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario