- Haberá ximnasia para maiores e novo obradoiro de memoria, desta volta no centro social de Obre
Igrexa de Santa Mariña de ObreNoia, 28 de agosto de 2012. No próximo mes de setembro darán comezo as actividades de Ximnasia para Maiores e un novo obradoiro de Memoria que terá lugar no Centro Social do Obre coa colaboración da Asemblea de Cruz Vermella de Noia. As actividades, enmarcadas dentro do programa de Envellecemento Activo, están organizadas pola Concellaría de Servizos Sociais en colaboración coa Asemblea de Cruz Vermella de Noia e financiadas pola Deputación Provincial de A Coruña, e xorden como resposta á preocupación pola saúde das persoas maiores deste Concello. Memoria: comeza nunha data memorable, 11SO Obradoiro de Memoria terá lugar no Centro Social do Obre comezará o próximo día 11 de setembro ata o 11 de outubro e ten como principal finalidade a prevención do deterioro cognitivo que pode xurdir asociado á idade, e por outro lado a mellora da calidade de vida. Dito obradoiro será desenvolvido pola Asamblea Comarcal da Cruz Vermella de Noia e está dirixido a persoas con máis de 65 anos empadroados no Concello de Noia. Ximnasia: dende o 17 de setembro ata febreiro de 2013Ademáis, o programa municipal inclúe actividades de Ximnasia de Mantemento para maiores, que darán comezo o 17 de setembro e terán lugar ata o mes de febreiro de 2013, e serán levadas a cabo pola Cruz Vermella de Noia, polo que se pretende procurar a mellora das persoas maiores en todos os aspectos, físicos e mentais. Para máis información e para inscribirse nas distintas actividades, deberase chamar ó teléfono do concello (981842100), ou achegarse ó Edificio do Concello (2ª planta-Servizos Sociais).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario