16.9.12

Deportes: Ester Navarrete e Alejandro Fernández gañan a XV Carreira Popular de Santa Uxía

  • Rubén Caamaño e Isabel Sáez, vencedores do V Circuíto de Carreiras Populares "Concello de Riveira"
  • Ramón Ignacio Folgar, Fernando Castro e David Sanisidro, mellores corredores locais

Media_httpfarm9static_apzfa

Ester Navarrete é do Club Atletismo Feminino Celta

Media_httpfarm9static_rcege

Alex Fernández Rivera é do Ourense Atlético Academia Postal

Ribeira, 16 de setembro de 2012.- Alejandro Fernández Rivera, do Ourense Atl. Academia Postal, e Ester Navarrete Santana, do Club Atletismo Femenino Celta, erixíronse nos gañadores nas categorías masculina e feminina absolutas da décimo quinta edición da Carreira Popular de Santa Uxía, desputada esta mañá nas rúas da cidade de Riveira. Cuns tempos respectivos de 30:06 e 36:10, estes atletas alzáronse igualmente co Campionato Galego de 10.000 Metros en Ruta promovido pola Federación Galega de Atletismo.

En categoría masculina, acadaron o segundo e o terceiro lugar (tanto na carreira pedestre como no campionato autonómico) Manuel Hurtado Sanjurjo (31:21) e Rubén Caamaño Nieto (31:46), mentres que entre as mulleres obtiveron estes postos María Soledad Castro Soliño (38:02) e Isabel Sáez Batallán (39:53).

Media_httpfarm9static_nfowc

Polo que respecta á quinta edición do Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira, Rubén Caamaño Nieto alzouse coa victoria ao obter un rexistro de 1:44:57 entre as catro probas de que constou a acción (ademais da de Santa Uxía, as probas do Corgo, A Guía e San Xián de Artes). Seguírono Ramón Ignacio Folgar (1:49:08) e Ernesto Buceta-Pouso (1:51:18).

Na modalidade feminina, a gañadora do circuíto foi Isabel Sáez Batallán (2:13:11), seguida de María José Chouza Santamaría (2:24:31) e Eva María Martínez Adega (2:38:53).

Tamén cómpre ser destacados os mellores corredores locais, que resultaron ser Ramón Ignacio Folgar, Fernando Castro e David Sanisidro.

Outras categorías

En canto ao resto de categorías, na modalidade junior masculina gañou a carreira popular Marcos Matabuena (40:18); na junior feminina, Sandra Sobreira (51:53); en promesa masculina, Carlos Esquilas (42:23); en senior masculina, Iván Docampo (32:22); en senior feminina, Marinela Mayo (47:27); en veteranos A masculina, José Manuel Fernández (32:48); en veteranas A feminina, Teresa Castro (40:50); en veteranas B masculina, Miguel Fernández (33:19), en veteranas B feminina, Teresa Corral (41:48) e en veteranos C mascuina, José Ramón Mato (38:44).

Media_httpfarm9static_aidqg

Media_httpfarm9static_pqdqj

Todos estes corredores percorreron unha ruta de 10.000 metros, pero tamén houbo outras categorías nas que os participantes máis novos realizaron distancias máis apropiadas ás súas idades. Tal é o caso das modalidades benxamín (onde foron gañadores Pepe García e Clara Casais), alevín (Manuel Bello e Marta Fontao), infantil (Pablo Monteagudo e Lara Domínguez), cadete (Tariku Novales e Laura Rodríguez) e xuvenil (Enrique Martínez e Andrea González).

En total, foron uns 600 os corredores que se deron cita nesta décimo quinta edición da carreira, que estivo organizada polo Concello coa colaboración de Náutica A Poutada, New Balance, Buff, GU Energy Gel, Coca-Cola, Club Atletismo Santa Uxía, Cofradía da Dorna e os organizadores das probas do Corgo, A Guía e San Xián de Artes.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Publicar un comentario

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical