14.9.12

Ribeira: recoñecemento do Concello aos que fixeron posible a feira mariñeira ArteMar

  •  A entrega de diplomas foi no salón de plenos
  • Máis de 60 asociacións, empresas, artistas e locais fixeron posible a edición especial deste ano
  • Alalba gañou o concurso de escaparatismo
  • O Botter recibiu premio especial pola decoración

 

Ribeira, 14 de setembro de 2012.- Un total de 67 asociacións, empresas, artistas, negocios comerciais e establecementos de hostalería foron recoñecidos na noite de onte en virtude da súa contribución á posta en marcha da primeira edición da feira Artemar Riveira, que se desenvolveu entre o 17 e o 19 de agosto nas rúas da cidade.

 

O acto de recoñecemento tivo lugar no salón de plenos e estivo encabezado polo alcalde Manuel Ruiz. Tamén estiveron na mesa presidencial o titular da Asociación de Empresarios de Riveira, José Paz Cadaval, a tenente de alcalde María Dolores Elorduy e a concelleira de Cultura Elvira Pisos.

 

Ademais, o evento serviu para agasallar o local comercial gañador do concurso de escaparatismo, que resultou Alalba. Tamén o negocio hostaleiro Botter recibiu con carácter excepcional un obsequio institucional para agradecer no nome do Concello o afán depositado na decoración deste establecemento.

 

O alcalde explicou durante a súa intervención o espírito co que se decidiu impulsar esta feira, que pretende en último termo que resulte beneficiado da súa posta en marcha o ámbito económico de Riveira, tanto no que se refire aos sectores empresariais e hostaleiro, como ao tecido asociativo e aos artistas da zona.

 

Tocante a esta primeira edición, Ruiz Rivas explicou aos asistentes que durante os tres días de celebración entraron en Riveira 78.000 vehículos, o que dá conta da afluencia de público que rexistrou a iniciativa. “Coa vosa axuda esperemos que o ano que vén a feira resulta aínda moito mellor”, manifestou o primeiro edil.

 

En canto á relación de entidades que recibiron cadanseu diploma, foron:

 

En Hostalería: Abuela Gloria, A Caseira, A Cuba, Arrancadeira, A Tarbena do Riaso, Balado, Botter, Brétema, Bulebar, Capitán Morgan, Ceos, Coliseo, Golfox, Kukua, O Franco, O Parque De Atrás, Pepe´s, Plaza, Rincón, Triskel Taberna Celta e 20 De Abril.

 

Polo que respecta aos comercios participante no concurso de escaparatismo, estos foron: Rossmary, Alalba, Xade, Toy Sur, Electromésticos Sampedro Milar, Rei Zentolo, Érase Una Vez, Makao, Patucos e Floristerrae.

 

As Asociacións Participantes En Artemar: Amas de Casa, Riveira Escríbese Con V, Fotógrafos Do Paraíso, A Creba, Ambar, Amicos, Aires da Dorna, A Dourixeira, Agalcari, Tahúme, Apibarbanza, Barbanza Mel, Asociación A Gandaina, As Miñoteiras, Lajareu Por Barlovento, Club Náutico de Riveira, Na Brétema, Ateneo Valle-Inclán, Club Exxpopress De Xornalistas De Galicia, Clube de Xadrez do Círculo Mercantil de Riveira, Coral Polifónica Municipal De Riveira, Asociación de Empresarios De Riveira, Centro Comercial Aberto "Viamare", Asociación Astronómica Cielo Barbanza, Frinsa del Noroeste, Luis Escurís Batalla.

 

Os Artistas participantes en Artemar foron: Antonio Pérez, Manuel Crugeiras, María Del Mar Martínez Santos, José Manuel Pérez Lustres “Chenel”, Pablo Ces, Rosa García-Orellán, Tucho Calvo, Xosé Cobas Gómez e Victor Furelos Guillén.

Diplomas Artemar.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical