- Dende o centro de recepción de visitantes deste parque natural constatan que máis do 35% das visitas proceden da comunidade galega, máis do 55% veñen doutras comunidades, e o 8,5% son estranxeiros
- Xullo e agosto foron os meses nos que se rexistraron máis visitas, con 73.600 e 80.800 respectivamente
- Este parque natural abrangue 9.625 ha e está composto polo complexo dunar, a praia de Corrubedo), e as lagoas de Vixán e Carregal
A gran duna, dende a praia de Corrubedo
Ribeira, 20 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinala hoxe que o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán recibiu un total de 294.200 visitantes no que vai deste ano 2012.
Dende o centro de recepción de visitantes deste parque natural constatan que máis do 35% das visitas proceden da comunidade galega, máis do 55% veñen doutras comunidades, e o 8,5% son estranxeiros.
O período no que este parque rexistrou máis visitas correspóndese cos meses de xullo e agosto, etapa estival na que a afluencia turística increméntase nesta zona de Barbanza debido aos seus areais. No mes de xullo, máis de 73.600 visitantes achegáronse a este parque, e no mes de agosto, 80.800 visitas foron as recibidas.
No seguinte cadro amósase a estimación estatística de visitantes ao exterior do Centro de Recepción de Visitantes do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán:
MES | Estimación Visitantes |
XANEIRO | 8.800 |
FEBREIRO | 12.000 |
MARZO | 19.100 |
ABRIL | 13.800 |
MAIO | 18.900 |
XUÑO | 44.800 |
XULLO | 73.600 |
AGOSTO | 80.800 |
SETEMBRO | 22.400 |
Total Período 2012 | 294.200 |
O parque natural
O parque de Corrubedo está situado na Barbanza, exactamente na esquina occidental da península de Barbanza entre a ría de Arousa e a de Muros e Noia, no municipio de Ribeira.
Este parque natural abrangue 9.625 ha e está composto polo complexo dunar, a praia de Corrubedo (5 km), e as lagoas de Vixán e Carregal.
Cómpre destacar a existencia da duna máis grande de Galicia, xa que ten máis dun quilómetro de lonxitude, 20 metros de altura e 250 metros de ancho. Ademais o complexo dispón de dúas grandes lagoas, unha doce e outra salgada, con humedais e marismas para a fauna e a flora.
A lagoa de Vixán é de auga doce, debido ao río do Muíño que desemboca nesta e a de Carregal é salgada, comunicada co mar por unha canle que divide a praia en dúas partes. A existencia destas lagoas permite a diversidade de fauna e flora, destacando anátidos, limícolas, aves mariñas e paxaros.
Relacionadas, na nosa hemeroteca:
O parque natural, sen convocar xunta consultiva en máis de tres anos
Adega critica á Xunta por querer máis ladrillo e cemento para o parque natural
Critican á Xunta por anular as axudas para parques naturais
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario