2.12.12

Ribeira: máis dun milleiro de persoas na VII Xuntanza dos Maiores

  • Desta volta non se completou aforo nin co chamamento a concellos veciños, pois foi trasladado o convite ao pavillón da Fieiteira, con capacidade para 1.400 cubertos

Ribeira, 2 de decembro de 2012. Un total de 1.100 persoas participaron na sétima edición da Xuntanza dos Maiores, que por primeira vez se celebra no pavillón polideportivo de A Fieiteira, acto seguido da tradicional misa solemne, cantada pola Coral Polifónica Municipal, que se celebrou na igrexa de Santa Uxía.

O alcalde, Manuel Ruiz, e o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño, dixeron unhas palabras de agradecemento aos presentes por toda unha vida de traballo e dedicación antes de que se iniciase o evento, que comprendeu un xantar (organizado pola empresa Chicolino) e unha sesión de música e baile, amenizada polo grupo Amenal.

Ademais, unha das grandes novidades desta edición foi un sorteo dun cento de regalos entre os asistentes, entre os que se incluía dende bonos de spá, masaxe ou aquagym nas propias instalacións da Fieiteira, ata comidas para dúas persoas en diversos restaurantes da comarca, ademais de lotes de libros, cds da Coral Polifónica Municipal, produtos doados por diversas firmas locais ou mesmo unha réplica en cerámica de Sargadelos do faro de Corrubedo, que se encargaría de entregar o alcalde ao agraciado.

VIP's

Entre as autoridades que tiveron a ben asistir á  xuntanza figuraban o senador José Luis Torres; o deputado autonómico Santiago Freire; os alcaldes de A Pobra (Isaac Maceiras) e Porto do Son (Luis Oujo); a concelleira de Servizos Sociais de Boiro, Beatriz Deus; a filla adoptiva Magdalena Bringas; o comendante do EVA 10, Lino Iglesias; o xerente executivo do Hospital da Barbanza, Luis González; ou o párroco Cesáreo Canabal, entre outros.







Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical