Ribeira, 22 de decembro de 2012.- Segundo informou hoxe o gabinete de prensa do Concello de Ribeira, un home de 41 anos de idade e residente en Santiago de Compostela (con iniciais E.A.R.) morreu no día de hoxe tras caer ao mar mentres estaba pescando en Couso, na parroquia ribeirense de Aguiño.
Foi un acompañante do varón fallecido quen deu a voz de alarma sobre o suceso. Segundo parece, o home esvarou da roca dende a que estaba pescando e tras golpear cunhas pedras foi arrastrado pola marea.
Inmediatamente desplegouse un amplo dispositivo de búsqueda por terra, mar e aire. O Grumir de Ribeira foi alertado ás 14.50 horas polo 112. Tamén participaron no operativo os helicópteros Pesca Un e Helimer, a embarcación Salvamar, a Garda Civil do Mar, 14 voluntarios de Protección Civil (entre eles, tres buzos), axentes da Policía Nacional e da Policía Local.
Finalmente, o cadáver foi localizado ás 17.45 horas na praia do Vilar á altura da caseta dos socorristas, tras ser descuberto por un transeúnte. A previsión é que sexa trasladado ao CHUS de Santiago para facérenlle a autopsia.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario