7.1.13

Castelao: o alcalde de Rianxo estivo na homenaxe floral no seu sartego en Santiago

  • O conselleiro de Cultura voltou apelar, como hai uns días o presidente da Xunta na casa museo de Rosalía, á unidade dos partidos fronte á crise
Castelao_homenaxe_2013
É a segunda vez en dez días que a Xunta utiliza dous símbolos da cultura do país para pedir unidade aos partidos da oposición ante a grave crise que está a atravesar. Hai uns días foi Feijóo, quen elexiu a casa-museo de Rosalía de Castro como escenario da súa mensaxe de fin de ano. Este luns foi o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, quen ante o Panteón dos Galegos Ilustres, en Compostela, volveu pedirlle aos galegos e os partidos políticos que "se unan" ante os momentos difíciles que atravesa Galicia.

"O momento é moi difícil e aproveito este lugar emblemático para chamar á unidade de todos os galegos", dixo durante a celebración do 63 cabodano do falecemento dun dos históricos líderes do galeguismo.  "É o momento de dar resposta e de construír entre todos esa Galicia que todos queremos, pero desde a unión de todos os galegos e de todos os partidos políticos", engadiu.

O galego que fixo Galicia "desde fóra"

"Aquí descansa unha parte deses galegos que fixeron desde Galicia e, tamén desde fóra de Galicia, porque lles tocou vivir outros anos moi difíciles, esa Galicia que hoxe temos", suliñou Vázquez sen referirse ao feito de que Castelao tivo que vivir fóra do país exiliado logo do triunfo dun golpe fascista en España.

Antes de participar na homenaxe a Castelao, o titular da consellería enxalzou "unha das figuras máis senlleiras" de Galicia. "Colaborou e fixo que a Galicia que todos queremos e soñamos sexa hoxe en parte realidade", salientou.

Representantes políticos e culturais

Vázquez participou na homenaxe xunto ao expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, representantes do Consello da Cultura Galega e da Real Academia e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, entre outras personalidades. Axudado polo vicepresidente da Fundación Castelao, o conselleiro colocou unha coroa de flores xunto o cadaleito do escritor.

Nova do xornal Galicia Confidencial, co que colabora Certo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical