- O sábado 2 de febreiro escollen secretari@ comarcal
Imaxe de arquivo dunha rolda de prensa de Compromiso por Galicia Noia, 30 de xaneiro de 2013. Ao longo da pasada fin de semana Compromiso Por Galicia celebrou na comarca de Muros e Noia asembleas para conformar as súas agrupacións das localidades de Noia, Muros, Outes, Lousame e Mazaricos, que agora xa teñen secretarías locais. En Noia, Xurxo Louro será o encargado de levar as rendas na localidade. Administrativo de profesión, Louro incorporouse ao mundo da política da man de CXG.
En Muros, a concelleira María Sambade será a referente de CXG neste concello. Mestra de profesión, María Sambade incorpórase á política sendo a número 3 da lista encabezada por María Xosé Alfonso, portavoz municipal de CXG nesta localidade.
En Outes, Xosé Manuel Ramos foi elixido o pasado sábado secretario local de Compromiso Por Galicia en Outes. Ocupou o terceiro posto na lista que encabezou Xosé Ramón Riomao (agora portavoz municipal de CXG).
En Lousame, a empresaria Sonia Ares foi elixida o pasado luns como a nova secretaria local de Compromiso Por Galicia. A lousamiana ten un longo percorrido na política municipal deste concello.
En Mazaricos, Xan Ramos será o encargado de levar a secretaría local. O histórico nacionalista será o encargado de tomar as rendas nesta localidade e volver de novo á primeira plana da política.Unha vez conformadas as localidades, Compromiso Por Galicia inicia esta semana a elección do/a secretario/a comarcal que se elixirá nunha xuntanza aberta, na que poden participar todas aquelas persoas que sigan as liñas galeguista e socialdemócrata que marcou Compromiso Por Galicia o pasado 16 de decembro logo do seu Congreso Constituínte. A xuntanza celebrarase en Outes o vindeiro sábado, 2 de febreiro.
O Consello Europeo mostras a sua preocupación polas presións políticas a RTVEow.ly/hfDkR #sxg
—Sindi Xorna Gal (@Sind_Xor_G) January 30, 2013
España en el número 36 del informe de RSF sobre libertad de prensa, por debajo de Ghana o Surinam. twitter.com/AntonioMaestre…
— Antonio Maestre (@AntonioMaestre) January 30, 2013
Galicia Confidencial: A Mesa denuncia que Feijóo gasta os cartos dos galegos contra a lingua galiciaconfidencial.com/nova/13067.html
— Certo (@Certo) January 30, 2013
¿No canta un huevo que Felipe González sea Con. de Gas Natural y hayan obtenido permiso para almacenamiento de gas en Doñana?
— Miguel Ángel Revilla (@RevillaMiguelA) January 30, 2013
Felipe Gonzalez, si ves q se nos empieza a pasar este atontamiento que se haapoderado d nosotr@s, corre , corre muy lejos
— PepitaladelBarrio (@PepitaldelBarr) January 30, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario