24.1.13

Ribeira: "Achuchar" organiza unha charla sobre a importancia dos aloumiños o martes 29 de xaneiro

Cartel_el_poder_de_las_caricia

Ribeira, 24 de xaneiro de 2013. A asociación pro lactancia materna "Achuchar", de Ribeira, organiza o vindeiro martes, 29 de xaneiro, unha charla coloquio co doutor Adolfo Gómez Papí, que é pediatra e neonatólogo do Juan XXIII de Tarragona e integrante do comité de lactancia materna da Asociación Española de Pediatría. Falará do tema do seu libro "El poder de las caricias", sobre a necesidade dos aloumiños nos máis pequenos.

A charla é de balde e será ás 17:30 no salón de actos da Casa do Mar de Ribeira, ao pé do centro de saúde. Poden ir nenas e nenos.

Obradoiro de masaxe

Ademais, "Achuchar" organiza, xa o sábado 2 de febreiro, un obradoiro de masaxe infantil "Shantala", que vai impartir Francisco Portela, masaxista aiurvédico, para aprender a darlle masaxes aos bebés. Hai que anotarse antes, pero tamén é unha actividade gratuita. O número de teléfono para inscribirse é 699443547. Será pola tarde, de catro a oito, na rúa Nove de Agosto, número 97C Baixo K de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical