PROGRAMACIÓN XERAL
Do 5 ao 8 de Febreiro
OBRADOIRO DE COCIÑA E REPOSTERÍA DO ENTROIDO
Lugar: Aulas de Servizos Sociais
Datas e horario: Do 5 ao 8 de febreiro de 19:00 a 21:00 h
Destinatarios: Persoas de 16 anos en diante / Mín. 13 – Máx. 25 prazas
Información e inscricións: Do 31 de xaneiro ao 5 de febreiro de 10 a 14 h no Auditorio Municipal de Riveira – Tlf. 981 835650 e culturaefestexos@riveira.com
Publicarase a listaxe de admitidos o 5 de febreiro ás 15 h no Auditorio e web de Riveira. Inscrición de balde
VENRES, 8 de Febreiro
ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA:
“OS ARMADANZAS” a partir das 11 da noite
SÁBADO, 9 de Febreiro
ENTROIDOLANDIA
Praza do Concello, de 11:30 a 13:30 e de Ás 16:30 a 19:00 h na Praza do Concello, parque de inchables de saltar, escalar, rampear, pelotear, xogar, bailar, rechinar os pequenos piratas, pallasos, choqueiros, príncipes, patos, galiñas, princesas, soldados, romanos, mariñeiros, astronautas, sereas… e demais personaxes fantásticos e animados!!! Para nenos e nenas. Entrada libre e de balde (en caso de choiva trasladarase ao Pavillón “Santa Uxía” de Coroso, Riveira.
ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA:
“OS ARMADANZAS” a partir das 11 da noite!
DOMINGO, 10 de Febreiro
CHOQUEIRADA INFANTIL
Aviso a todas as máscaras e caretas, choqueiros, príncipes e princesas, demos, elfos, merlíns, piratas, cavernícolas, ratos, gatos, lunnis, gormittis, pallasos, monsters high, bob esponjas e demais seres de fantasía que queiran pasar unha tarde de entroidada.
Ás 16:30 h. na Carpa do Entroido (Paseo do Malecón) unha reviravolta de bulicio, algarabía, barafunda e profano divertimento, dará comezo á GRANDE FESTA INFANTIL para os máis cativos, amenizada por animadores de xogos, mascotas, desfile de disfraces con entrega de diplomas, obradoiros variados e moito máis...
Entrada libre e de balde. Todos os nenos e nenas deberán ir disfrazados.
LUNS, 11 de Febreiro
FESTA DA NOITE DE ENTROIDO
Música, luces, animación, e baile na Carpa do Entroido, a partir das 12 da noite no Paseo do Malecón. Entrada libre e de balde.
ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA:
“OS TROMPOS DAS NICRAS” a partir das 12 da noite.
MARTES 12 de Febreiro
ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA CO GRUPO DE GAITAS:
“A GANDAINA DE PALMEIRA” a partir das 11:30 h!
FESTIVAL DE MURGAS E COMPARSAS
Ás 17:00 h. sairán do Auditorio Municipal as murgas e comparsas do Entroido cara á Praza do Concello, acompañadas no desfile polas charangas “OS ARMADANZAS” de Boiro, “OS TROMPOS DAS NICRAS” de Barbanza e os gaiteiros de “A GANDAINA” de Palmeira, así como un sinfín de personaxes que advertirán ao cidadán dos perigos de andaren a soas polas rúas.
As “Murgas Adultas” competirán no festival por un Primeiro Premio de 1.000 €, un Segundo Premio de 500 €, un Terceiro Premio de 350 € e un Premio Local de 350 €, para o que haberá un Xurado Entroido-Profesional composto por seis membros, especialistas en Artes Escénicas, Moda e Vestiario, Música, Maquillaxe e Caracterización, Letra e Rima e a Presidencia que recaerá nun representante da Área de Cultura e Festexos de Ribeira.
Festival e actuación: Praza do Concello. Bases en www.riveira.es
Nota: En caso de choiva o festival será trasladado á Carpa do Entroido de Riveira.
MÉRCORES 13 de Febreiro
ENTERRO DO FELIPE
Saída do acompañamento ás 19.30 h, dende o Auditorio Municipal pasando polas rúas da cidade ata chegar á Praza dos Mariñeiros. Ao ritmo da comparsa “O SANTIAGUIÑO” de Padrón. Unha vez enterrado afogaremos todos xuntos as penas na Rúa de Portugal, -e se chove a mares e escacha na rúa será na Carpa do Entroido-, con preñados, orellas e rosquiñas, todo isto regado co mellor viño de Barrantes e demais bebidas para os padais máis exquisitos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario