Muros, 4 de febreiro de 2013. O vindeiro 10 de febreiro, este domingo, ás 12:30 horas, no
restaurante O Castelo de Muros -rúa Rosalía de Castro, 1 baixo), terá lugar a presentación do libro “La eternidad en 231 días”, do autor muradán Francisco Javier Lestón Fernández, que edita Finis Terrae_ediciones.
A obra vai do aillamento do seu protagonista ata que unha muller, Raquel o saque del e o leve a unha viaxe con data de caducidade. Francisco J. Lestón publica deste xeito a que é a súa primeira novela, coa que agarda emocionar e seducir ao lector, que, asegura, acabará coñecendo un pouco máis de si mesmo.
O acto de presentación do libro estará presidido pola alcaldesa de Muros, a socialista Caridade González e tamén contará coas intervencións do Presidente de Sorum, Domingo
Guerra París e do mesmo autor da obra.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario